Roteiros

 

Coñece o teu entorno e arredores.

 

Mércores, 15 Novembro 2017 13:22

Roteiros medioambientais

25 persoas participaron no Roteiro "A Enerxía da Auga"

O pasado domingo 12 de novembro participaron 25 persoas no roteiro "A Enerxía da Auga". Actividade enmarcada dentro do programa municipal Roteiros mediambientais: coñece o teu entorno e arredores.

Durante unha duración aproximada de 3 h. as persoas inscritas, con idades moi variadas que ían desde os 6 anos ata os 68, guiadas por unha monitora puideron coñecer recunchos do Concello dos que non sabían nada ou nunca tiveran a oportunidade de visitar; tamén, aprender a observar bichiños que forman parte da fauna dos nosos ríos, descubrir como funciona unha minicentral de auga e compartir inquedanzas e dúbidas en relación á protección e coidado do noso patromonio mediambiental.

En https://www.facebook.com/educacion.soutomaior pódesen ver algunhas das fotos realizadas durante a xornada.

O Concello continuará organizando e desenvolvendo este programa de educación e sensibilización medioambiental ofertando nos roteiros a partir de xaneiro de 2018.


Visto 262 veces