Normas e requisitos
-
As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación.
-
Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación, aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores.
-
Poderanse excluir como beneficiarios das axudas reguladas nestas bases todos aqueles que non cumplan as condicións esixidas.
-
O Desfile de comparsas terá lugar o domingo 5 de marzo de 2017 ás 17.00 horas.
-
O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 15 e deberán solicitar a súa participación a través de inscrición no rexistro xeral do Concello .
-
Terán preferencia as comparsas que participaron no desfile do ano 2016.
-
As comparsas participantes no desfile deberán ter un mínimo de 30 compoñentes.
-
O lugar de saída será a Rúa Calvario, na intersección da Avda. Xosé Solla coa Rúa Cochón.
-
As comparsas deberán estar no lugar da saída 30 minutos antes de dar comezo o desfile.
-
A primeira en desfilar será a dos nenos e nenas que forman a comparsa resultante do obradoiro que organiza o Concello de Soutomaior. As demáis o farán por orden de chegada.
-
Itinerario do desfile: Rúa Calvario, Avda. Xosé Solla e Rúa Rosalía de Castro. Remate na Alameda Talo Río, donde haberá unha festa de entroido coa actuación dun grupo musical ata as 22:00 h.
Procedemento
A inscrición farase nas Oficinas do Concello de Soutomaior, a través do fax (986 705 333) ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., en horario de 9:00 h a 14:00 h. ata o mércores 22 de febreiro de 2017.
No momento de formalizar a inscrición, indicarase:
-
Nome da comparsa.
-
Nome e apelidos do representante.
-
Número de teléfono e mail de contacto.
-
Categoría na que se inscribe.
-
Número de membros que a compoñen.
Todos estes datos deberán aparecer na solicitude de inscrición. En caso de que non sexa así, a comparsa poderá quedar excluída do desfile.
Os premios pola participación no desfile son os seguintes:
a) Para as comparsas que non leven nin carroza nin música:
-
de 30 a 40 membros: 100 €
-
Máis de 40 membros: 150 €
b) Para as comparsas que leven carroza e música:
-
de 30 a 40 membros: 300 €
-
Máis de 40 membros: 400 €
-
Os premios pagaranse mediante transferencia bancaria previa presentación da factura correspondente no Concello na cal se indicará o número de conta para facer o ingreso.
-
Os colectivos que estén exentos de IVA deberán presentar ademáis un certificado d@ secretari@ da asociación no que constará o número de expediente de dita exención. (Poderán pedir o modelo no Concello no momento de facer a inscrición).
-
A participación neste desfile, implica a aceptación destas bases.
-
A organización gárdase o dereito de non deixar desfilar a todas aquelas comparsas que non cumplan algunha das condicións establecidas nestas bases.