Soutomaior comeza cos preparativos desta festa tan esperada. Este ano seguiremos mantendo unha proposta adaptada ás circunstacias derivadas da COVID-19 pero cunha morea de actividades nas que poder gozar desta festa popular na que non falte o humor.
Comezaremos co concurso...
CONFIENTROIDO
Subir á Web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/confientroido un vídeo ou foto no que todas as persoas están caracterizadas / disfrazadas.
MODALIDADE PHOTOCALL (foto):
A participación pode ser:
- Individual ou por unidade familiar/grupo.
- Especial alumnado centros educativos: subindo á Web unha foto de “grupo aula”. Pode participar o profesorado.
- Especial escaparates: comercios e establecementos que ambienten o seu escaparate con motivos de Entroido.
Opción de escoller na Web, cando subades a foto, un dos photocall tipo dispoñibles para encaixar a foto enviada.
MODALIDADE MURGAS (vídeo):
A participación pode ser:
- Por unidade familiar/grupo: presentar a gravación na que as persoas caracterizadas interpretarán unha adaptación dunha canción coñecida con letras feitas por eles e elas sobre temáticas de actualidade.
- Especial alumnado centros educativos: vídeo de “grupo aula”. Pode participar o profesorado.
O prazo REMATARÁ O DOMINGO 27 DE FEBREIRO. O Xurado será popular e a votación realizarase a través desta mesma Web na que se poden consultar tamén as bases e premios.
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES
Sábado 26 febreiro
Música e animación de rúa a cargo de "Batucade" acompañado por “Pedro Madruga e Manoliño Trasnoita”.
O percorido polos barrios na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/confientroido
Domingo 27 de febreiro
- 18.00 h | Animación “Á abordaxe Pirata”. Público familiar.
- 19.00 a 20.30 h | Dj Música e animación.
Domingo 6 marzo
- 18.00 h | Animación “Peque disco Moc Moc”. Público familiar. Entrega premios Concurso “Confientroido” a cargo de “Pedro Madruga e Manoliño Trasnoita”
- 19 a 21 h | Actuación Trío Musical.