fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 03 Abril 2018 20:11

Novos cursos e actividades

Novos cursos e actividades

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para novos cursos de formación cun enfoque teórico práctico que permita ás persoas a través dunha breve estadía de prácticas, realizadas ao rematar a parte teórica do curso, poder ter un contacto directo coa formación adquirida para desempeñar o posto de traballo para o que se formaron. Neste trimestre ofertamos un curso de auxiliar de alimentación en supermercados e un curso de operacións básicas en instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes. Ambos cursos teñen unha duración de 60 h en total.

Neste trimestre tamén se ofertan outras actividades de participación como o Concurso verbas para comunicar para conmemorar o día das Letras Galegas, ou obradoiros como os incluídos no programa Moceando dirixido a mozos e mozas en idades comprendidas entre os 12 e 20 anos  sobre temáticas como a sexualidade ou a prevención de conductas de violentas.

Durante o mes de abril tamén se abrirá o prazo de inscrición para participar no Encontro da Mocidade, na xornada de Humor Amarelo que se realizará en Vigo, etc.

Avánzanse tamén as datas do festival  Danzarte, do festival de cultura urbana ou do Concurso de karaoke. No mes de xuño tamén se abre o prazo de inscrición para participar nos obradoiros de ecopercusión alternativa que se realizarán en cullo e agosto.

A información completa sobre estas actividades está na web do Concello e tamén se pode solicitar na OMIX. Tel. 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

www.soutomaior.com
www.gabinetesoutomaior.com


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

18-programacion-xuventude-2T_1.pdf (427 Descargas)
Visto 2930 veces