fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 07 Marzo 2018 10:48

Aberto o prazo de inscrición: depoaventura e campamentos polideportivos.

Aberto o prazo de inscrición: depoaventura e campamentos polideportivos.

O Concello de Soutomaior informa que a Deputación de Pontevedra xa publicou as bases para participar no programa DEPOAVENTURA e no programa CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS. Para recibir información e para poder inscribirse as persoas interesadas poden facelo a través da OMIX do Concello.

DEPOAVENTURA. CAMPAMENTOS NA LANZADA 2018 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O prazo de solicitude será do 08 ao 27 de marzo de 2018, ambas as datas incluídas

Este programa lúdico e educativo inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades ao aire libre relacionadas coa natureza, a lingua inglesa, a arte, a cultura, o deporte e os xogos, co fin de colaborar na formación da nosa mocidade.

Ter nacido entre 2005 e 2010 (ambos incluídos). Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra.

O custe do campamento estímase en 200 euros pero as familias pagarán arredor de 100€/praza ou menos dependendo das circunstancias específicas.

Os campamentos terán lugar entre o 24 de xuño e o 8 de setembro de 2018. Realizaranse 11 quendas, de 7 días de duración cada unha.

 

Campamentos Polideportivos. Deputación de Pontevedra

O prazo de inscrición rematará o 23 de marzo de 2018.

Obxectivo promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das nenas e nenos da provincia; programa de campamentos polideportivos desenvolvidos en Príncipe Felipe.

Este programa ofrece a posibilidade de que 300 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán, participando en actividades de carácter lúdico e deportivo que contribúan ao seu enriquecemento persoal. O prezo é de 125€/praza pero haberá descontos para familias numerosas.

Están destinados a nenas e nenos nacidos entre o ano 2004 e o 2011, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

Quendas

  • Primeira quenda: do 9 ao 14 de xullo
  • Segunda quenda: do 16 ao 21 de xullo
  • Terceira quenda: do 23 ao 28 de xullo
  • Cuarta quenda: do 6 ao 11 de agosto
  • Quinta quenda: do 13 ao 18 de agosto
  • Sexta quenda: do 20 ao 25 de agosto

 

Máis información e inscricións na OMIX, Tel 986700822

 


Publicado en Mocidade
Visto 2118 veces