fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 28 Setembro 2015 16:31

Programa de actividades outubro/decembro

Programa de actividades outubro/decembro

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior pon en marcha os seu programa trimestral de actividade que abranguerá os meses de setembro, outubro e decembro.

Neste trimestre haberá moitas actividades formativas, lúdicas e de lecer. Destacamos entre as actividades formativas:

Curso de acompañante de comedor escolar

Curso de Operador de Grúa

Curso de Calceta, crochet e trapillo

Curso de corte e confección

Curso de inglés A2

Curso de manualidades contemporáneas

Curso de Manipulación de alimentos e seguridade alimentaria

Tamén continuaremos con actividades como: Guitarra española, aula de apoio e reforzo educativo,bailes latinos, bailes variados, danza do ventre ou ponte en forma. Asemade, en outubro iniciarmos o novo curso das escolas municipais de: Teatro, Xadrez, Debuxo e Pintura.

No mes de outubro tamén festexaremos o venres 30 de outubro a noite do Samaín cunha festa que comezará ás 17 h no Pavillón da Montesiña na que haberá moito xogos e unha cada do terror e pola noite proxectaremos a película OUIJA, un Triller estremecedor dirxido a público xuvenil e adulto.

E, finalmente, xa para o mes de decembro avanzamos datas dalgúns clásicos da nosa programación navideña como son: o Festival Xuvenil da Solidariedade, o Concurso de Postais de Nadal e a actuación do dúo de animación Falabaratas.

Se estades interesados en obter máis información sobre estas actividades podedes consultar a web www.soutomaior.com ou achegarvos á OMIX, no Multiusos (ARCADE) onde poderedes informarvos e inscribirvos.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR

 

 


Publicado en Mocidade
Visto 2925 veces