fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 09 Setembro 2015 13:02

As novas actividades que inician en outubro

As novas actividades que inician en outubro

A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición das actividade que se iniciarán no mes de outubro. As actividades son:

Curso de cestería (40 h) que ten como obxectivo coñecer  e aplicar os diferentes materiais para a elaboración de cestas. Coñecer técnicas para a creación de productos artesanais de vimbio. Aplicar os coñecementos acadados mediante a realización de productos. Este curso está dentro do programa ACTÍVATE da Deputación de Pontevedra.

Aula de apoio escolar, reforzo educativo e técnicas de estudio. Esta actividade de apoio nas materias básicas de: lingua galega, castelá, inglesa e matemáticas; axuda para facer deberes e mellora de competencias básicas nesas materias e como consecuencia mellora do sei rendemento académico nas outras,  etc. Persoal titulado e con experiencia.

Curso de inglés teórico/práctico - nivel A2 MCER. Ten  como obxectivo desenvolver novas capacidades de comprensión e expresión oral en situación cotiás básicas adquirindo unha competencia deste nivel en lingua inglesa.

Actividades de bailes: bailes variados, baile latino, danza de ventre, ponte en forma,...

Curso de guitarra. Clases de guitarra española. Haberá que pasar unha proba de nivel para saber o grupo que corresponde.

E, a maiores tamén temos aberto o prazo para as Escolas municipais de Debuxo e Pintura, de Teatro e de Xadrez.

As idades para partcipar nas actividades e os horarios son variados polo que si algunha persoa está interesada nalgunha pode consultar máis información na web www.soutomaior.com  onde están colgados os formularios e o resto de información ou na OMIX, Multiusos (Arcade). Tel 986700822


Publicado en Mocidade
Visto 3697 veces