O Concello de Soutomaior organiza un obradoiro de RISOS EN FAMILIA enmarcado dentro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.
Vai dirixido a persoas en idades comprendidas entre os 10 e os 99 anos ás que lle apeteza pasar un rato entretido e aprender a rir en familia.
O riso permite enfrontarse aos obstáculos diarios desde perspectivas máis creativas e axuda as persoas a sentirse mellor consigo mesmas e coa a súa contorna. Por iso nos parece unha experiencia moi interesante para compartir en familia.
- A duración é de 16 h que se repartirán en sesións de 2 h un día á semana. As clases comezarán o 19 de decembro e rematarán na semana do 15 de xaneiro.
- Datas: 19, 21, 26 decembro e 2, 4, 9,11,15 de xaneiro.
- Horario: de 17 a 19 h
- As prazas son limitadas e de balde.
- A inscrición estará aberta ata o 30 de novembro.
As persoas interesadas poderán anotarse na OMIX, tel 986 700 822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.