fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 25 Setembro 2017 19:58

Inscrición previa "en liña"

Últimas prazas para a II Carreira de Orientación

Últimas prazas para a II Carreira de Orientación

Este domingo 1 de outubro de 10 a 13 h na Alameda Talorío o Concello de Soutomaior ten previsto realizar a segunda edición desta práctica deportiva á que cada vez se une máis xente.

Nesta segunda  edición desenvólvese no centro de Arcade co fin de resaltar e dar a coñecer os elementos culturais e patrimoniais da municipio. Entre os valores positivos que ten participar neste evento destacamos que se trata dunha alternativa de lecer, divertida e saudable, apta para todas as idades, xa que se pode adaptar a claquera nivel de esixencia física e, ademais, combina o físico coa destreza mental, aprendéndose a elixir rutas, elaborar estratexias, a ler mapas e a usar o compás. Tamén fomenta o compañeirismo e a cordialidade entre as persoas que participan, xa que, aínda que pode ser unha acción competitiva, o ambiente en que se desenvolve propicia estas relacións favorables.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata este xoves 28 de setembro. As inscricións pódense realizar en liña, a través do seguinte enlace:

*As prazas son limitadas e teñen preferencia as persoas empadroadas en Soutomaior.
Pechado a partir das 19:00 h., do 28 de setembro.

Inscrición en Liña:     II Carreira de Orientación Concello de Soutomaior 2017  

Lea tamén: II Carreira de orientación Concello de Soutomaior


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

17-Informacion-II-carreira-orientacion_1.pdf (547 Descargas)

Información adicional

Visto 3240 veces