fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 21 Xullo 2017 12:12

A mocidade de Soutomaior disfruta da multiaventura no mar

A mocidade de Soutomaior disfruta da multiaventura no mar

Un grupo de mozos e as mozas do Concello de Soutomaior participaron este xoves na actividade de multiaventura náutica  organizada pola concellería de  Xuventude do Concello de Soutomaior dentro do seu programa de actividades máis veraniego dentro do cal se ofertan actividades de lecer para o verán e as vacacións.

Disfrutaron dun día no mar cun programa moi variado. Pola mañá durante a primeira parte os monitores realizaron unhabreve explicación sobre a práctica de varios deportes como a vela lixeira, o windsurf ou o paddell surf onde se lles  falou sobre materiais, seguridade, etc.Na segunda parte da sesión, xa se pasou á acción e no mar puxeron en práctica todo o aprendido. Todos e todas probaron estas actividades e despois de xantar pasaron un rato moi divertido coa banana e o donut.

Podedes consultar fotos da actividade no facebook en XuventudeSoutomaior.

 

 


Publicado en Mocidade
Visto 2171 veces