O Concello de Soutomaior convoca as actividades dirixidas á xuventude para estes meses de xullo, agosto e setembro e abre o prazo de inscrición algunhas das Escolas Municipais que se inician en outubro.
Comezamos con AQUAGYM NA PRAIA DA MUXEIRA. Actividade de baixo impacto, realizada no medio acuático, que combina o traballo cardiovascular con exercizos de tonificación muscular e coordinación.
-
Datas e horario: os martes e xoves de 18 a 19 h (desde 04/07/17 ata o 01/08/17)
-
Recomendacións: levar roupa de baño e fanequeiras.
-
NON fai falta inscribirse previamente
E, o sábado 8 de xullo ás 22.30 h terá lugar o VI CONCURSO DE KARAOKE para o cal xa se están preparando todas as persoas que participan co fin de convertar esta velada nun momento divertido e cheo de imaxinación e creatividade.
Outra das actividades é o proxecto “Deseñando o teu futuro” que consiste en realizar actividades de educación non formal e estadías- visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/ entidades públicas ou privadas para que a mocidade adquira competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación, e isto lles axude a tomar decisión sobre o seu futuro profesional. Dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos no momento de presentar a solicitude. O prazo estará aberto ata o 5 de xullo ou ata cubrir prazas.
Para este mes de xullo a Concellería ten programa unha actividade lúdica de MULTIAVENTURA que este ano inclúe actividades como a BANANA + VELA LIXEIRA + DONUTS + WINDSURF. Faremos grupos por idades para que todos/as os participantes poidan ir rotando e probando todas as actividades en xornada de mañá e de tarde.
-
Destinatarios/as:de 12 a 30 anos.
-
Horario da actividade:de 10.00 a 19.30 h. Consultar na OMIX horarios de autobús e paradas porque a actividade realizarase na zona de Moaña.
-
Datas: xoves 20 de xullo.
-
Custe: 15€ empadroados/as; 48€ euros non empadroados/as (inclúe desprazamento ata o lugar e material específico da actividade). Cada participante ten que levar o seu picnic.
-
Prazo de inscrición: na OMIXata o 14 xullo ou ata cubrir prazas (mínimo 20 e máximo 30)
E, xa comezamos cos preparativos da terceira edición do Festival de Cultura Urbana_ Soutomaior 17 que este ano terá lugar en domingo. Evento dirixido fundamentalmente ao público xuvenil no que se ofertarán actividades ligadas a diferentes estilos e movementos culturais urbanos
Poderán participar nos obradoiros mozos e mozas de 10 a 35 anos (nalgunhas actividades si sobran prazas poderán participar outras idades. Consultar na OMIX)
-
Datas e horario: domingo 24 de setembro de 11.30 a 22,30 h.
-
Lugar: Peirao de Arcade
-
Inscricións: na OMIX ou no mesmo día ata unha hora antes do inicio da actividade, si hai prazas vancantes. 20 prazas / obradoiro
Avance de actividades e obradoiros:
Obradoiros:
-
Danzas de rúa
-
Parkour
-
Graffiti
-
Skate
-
Personalización de gorras Trucker
E, Campionato: ARCADE JAM (BMX E SCOOTER) para o cal xa están todos os mozos e mozas preparándose para un ano máis amosar as súas habilidades e todas as piruetas e trucos que están perfeccionando.
Este ano tamén haberá exhibicións de: Danza urbana; FLATLAND; Turntablism
E, para pechar esta festa haberá unha sesión DJ e SCRATCH SHOW
-
Lugar: no Skate Parke instalacións limítrofes. Peirao de Arcade
Por segundo ano, tamén se convoca a carreira de orientación "Soutomaior ORIENTA: carreira de orientación Unha aventura para non perderse!" coa que pretendemos achegarnos as bases do “deporte de orientación” como ferramenta útil na vida cotiá e como diversión, ao tempo que nos achegamos ao noso entorno con outros ollos, para gozar del e desentrañar os seus segredos.
-
Destinatarios/as: todas as idades (menores de 9 anos acompañados de adulto).
-
Categorías: iniciación curta; iniciación longa; federados/as.
-
Datas e horario: domingo 1 de outubro de 2017 de 10,00 a 13,00 h.
-
Punto de saída: Alameda Talorío, Arcade.
-
Custe: de balde
-
Prazo de inscrición: ata o 28 de setembro ou ata cubrir prazas (60 prazas). Na OMIX ou en liña na web www.soutomaior.com
E, na ÁREA EDUCACIÓN/ FORMACIÓN/EMPREGABILIDADE convocamos varios cursos de balde dirixidos a mellorar a formación da mocidade para que adquiran competencias laborais para o emprego.
CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (40 h)
-
Metodoloxía: o curso terán unha duración de 40 h (20 teóricas + 20 prácticas). Para rematar o curso con éxito haberá que ter ambas partes superadas. As prácticas realizaranse en actividades extraescolares con posibilidades de incorporación á bolsa de emprego da empresa que imparte o curso (KOREMI). O lugar para realizar as prácticas pode ser en Soutomaior ou nos concellos limítrofes en horario de tarde pola semana. Consultar condicións concretas.
-
Destinatarios/as: a partir de 16 anos todas as idades.
-
Datas e horarios: 25, 26, 28, 29 de setembro e 2 de outubro de 16.30 a 20.30. As prácticas comezarán cando remate a teórica.
-
Custe: de balde.
-
Prazo de inscrición: ata 20 de setembro ou ata cubrir prazas.
CURSO DE ALMACÉN A CARRETAS ELEVADORAS (45 h)
-
Obxectivos: aprender a manexar carretilas, coñecer técnicas e procedementos de xestión de stock e reposición aplicadas a comercio, aprender técnicas básicas de atención ao cliente no punto de venda.
-
Metodoloxía: o curso terán unha duración de 45 h (20 teóricas + 20 prácticas de almacén `+ 5 h prácticas de carretilla). Para rematar o curso con éxito haberá que ter ambas partes superadas. As prácticas realizaranse en empresas do sector na zona de Pontevedra e arredores.
-
Destinatarios/as: a partir de 16 anos todas as idades.
-
Datas e horarios: 2, 3, 5, 6 e 9 de outubro de 16.30 a 20.30. As prácticas comezarán cando remate a teórica.
-
Custe: de balde.
-
Prazo de inscrición: ata 28 de setembro ou ata cubrir prazas.
E, xa para rematar lembramos que se abre o PRAZO ABERTO ata o 26 de setembro para algunhas das actividades anuais:
BAILAS? Actividade de baile e movemento
-
Destinatarios: maiores de 12 anos
-
Datas e horario: martes de 20 a 21 h
DANZA DO VENTRE
-
Destinatarios: maiores de 12 anos
-
Datas e horario: xoves de 21 a 22 h
SOUTONEWS: magazine xuvenil en inglés
-
Obxectivos: adquirir competencias lingüísticas en inglés dun xeito práctico e divertido, usando vocabulario propio de contextos diarios para falar con maior fluidez e mellorar a pronunciación e a axilidade.
-
Contidos: é un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,… Guiados por unha profesora de nivel nativo, idearán as novas, redactarán os contidos para logo coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravar as seccións cos diálogos subtitulados en galego. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións,etc.
-
Grupos:
-
Grupo 1: de 12 a 15 anos. Horario: Venres de 16:00 a 17:30 h
-
Grupo 2: de 16 a 25 anos. Horario: Venres de 17:30 a 19:00 h
-
Custe: 10 €/mes empadroados/as; 30 €/mes non empadroados/as.
-
Forma de pago: consultar na OMIX
-
Prazas: 12/grupo
GUITARRA: española
Composición propia de cancións partindo da guitarra, estructurando os acordes e os ritmos en función das partes do tema (intros ,estrofas, estribillos, pontes...etc). Elaboración de letras e melodías vocais que leven e sintonicen coa mensaxe/historia que queremos contar.
As persoas que escollan a opción de 2 semana completarán o traballo con arranxos rítmicos e melódicos con outros instrumentos (percusión, batería, baixo, teclado, e instrumentos electrónicos coma sintes, samplers, caixas de ritmos...) para ampliar o panorama sónico da canción. Introducción ós elementos básicos da gravación dixital, tarxetas de son, microfonía, técnicas.Gravación e producción das canción traballadas nas sesións.
-
Destinatarios/as: a partir de 7 anos
-
Datas e horario:
-
Grupo iniciación: martes de 19,30 a 20,30 h
-
Grupo intermedio: martes de 17,30 a 18,30 h
-
Grupo medio/avanzado: martes de 18,30 a 19,30 h
ESCOLA DE DEBUXO E PINTURA
Itinerario 1: ESPERTANDO A CREATIVIDADE
-
Idades: 4 a 7 anos
-
Horarios: venres de 16,00 A 17,00 H
Itinerario 2: INFANTIL debuxo e pintura
-
Idades: 8 a 11 anos
-
Horario: venres de 17,00 a 18,30 h
Itinerario 3: XUVENIL debuxo e pintura
-
Idades: 12 a 18 anos
-
Horario: venres de 18,30 a 20,30
Itinerario 4: ADULTO debuxo e pintura
-
Idades: a partir de 18 anos todas as idades
-
Horario: venres de 18,30 a 20,30
ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO
-
Grupo infantil: 4 a 8 anos; sábados de 12,00 a 13,30 h
-
Grupo xuvenil 1: 9 a12 anos; venres de 20,00 a 21,30 h
-
Grupo xuvenil 2: 13 a 17 anos venres de 21.30 a 23.00 h
Maís información: na OMIX, Telf: 986 700 822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou en www.soutomaior.com ou en www.gabinetesoutomaior.com