fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 22 Xuño 2017 13:28

Ampliación de prazo para inscribirse no Concurso de Karaoke

Ampliación de prazo para inscribirse no Concurso de Karaoke

Amplíase o prazo de inscrición ata o día 30 de xuño para participar no Concurso de Karaoke que este ano terá lugar o sábado 8 de xullo de 2017 no Multiusos en Arcade.

Lembramos que este ano poderán participar nenos e nenas a partir dos 5 anos. As caterorías son: infantil, adolescente, xuvenil/adultos nas que se pode participar de xeito individual ou en parella e a maiores tamén hai unha categoría grupal na que se pode participar a partir de 3 persoas.Poderán participar persoas empadroadas noutro municipios sempre e cando non se cubran as prazas.

O listado de temas están colgado na web www.soutomaior.com, tamén se pode consultar na OMIX e, si non hai algún tema neste listado as persoas inscritas poderán traer outro tema sempre e cando o comuniquen e entreguen previamente.

As persoas inscritas tamén poderán ensaiar previamente para probar escenario, son e temas si así o desexan.

Máis información e inscricións na OMIX, tel. 986 700 822, correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Descarga de Adjuntos:


Publicado en Mocidade
Visto 2007 veces