fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 20 Xuño 2017 18:55

Da Escola Municipal de Debuxo e Pintura

Exposición "Os/as nosos/as artistas"

Exposición "Os/as nosos/as artistas"

A exposición OS/AS NOSOS/AS ARTISTAS está composta por material moi variado elaborado durante o curso polo alumnado da Escola Municipal de Debuxo e Pintura organizada pola Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior. Participan nesta exposición un total de 32 persoas presentando os seus traballos realizados con diversas técnicas: acuarelas, acrílicos, lápiz, carbón, rotulador, barro, etc. A mostra poderá visitarse no Multiusos en Arcade ata o día 1 de xullo.


Visto 3126 veces