fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 02 Xullo 2015 10:37

IV Concurso de Karaoke

IV Concurso de Karaoke

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Xuventude convoca este IV Concurso de Karaoke coa finalidade de favorecer a participación dos veciños e veciñas en actividades de índole artística, musical, de lecer e entretemento.

Poden participar persoas de todas as idades a partir dos 6 anos de xeito individual, en parella en grupo. As categorías son infantill, xuvenil e adulto e tamén este ano como novidade temos unha categoría grupal na que poden participar persoas de todas as idades a partir de 6 anos.

Realizarase o sábado 4 de xullo ás 22,30 h no auditorio exterior do Multiusos en Arcade e participarán 35 persoas previamente inscritas que interpretarán temas de diversos artistas como por exemplo: Enrique Iglesias, Tino Casal,  Paulina Rubio, Sergio Dalma, Rafaella Carrá, etc, ... ou grupo como o Dúo Dinámico, Héroes del Silencio, ... entre outros.

O Concurso contempla tres premios en cada categoría: á mellor voz, á mellor interpretación e á mellor caracterización. O xurado, composto por persoas ligadas á música e o espectáculo, terá que decidir en función duns criterios previamente establecidos nas bases quen se levará estes premios nesta cuarta edición. 

A entrada a este evento e a participación no mesmo é totalmente de balde.

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

 

 


Publicado en Mocidade
Visto 3714 veces