fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 18 Abril 2017 16:51

Campaña de Verán. Xunta de Galicia

Campaña de Verán. Xunta de Galicia

O Concello de Soutomaior comunica que xa está aberto o prazo para participar nos campamentos de verán ofertados pola Xunta de Galicia. A oferta da Campaña de Verán 2017 estrutúrase en seis eixes: os campamentos para menores de 18 anos, campamentos noutras Comunidades Autónomas, as actividades para maiores de 18 anos, a oferta concertada, os campos de traballo e a programación para mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior. 

Para inscribirse nos campamentos organizados nas instalacións xuvenís galegas para mozos e mozas entre 9 e 17 anos poden entregar e cubrir a súa solicitude na OMIX. Os/as participantes nestes campamentos realizan actividades centradas na natureza, no deporte, o voluntariado ou o tempo libre, entre outras. Pódesense escoller campamentos en toda a xeografía galega e tamén noutras comunidades autónomas como por exemplo País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid e, como novidade, Cantabria. O prazo de inscrición remata o 2 de maio.

Ademais, a partir do 21 de abril tamén se poderán presentar as solicitudes para participar nos campos de traballo  encamiñados a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno a través de actividades levadas a cabo en todas as rexións de España e noutros países como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea do Sur ou Xapón. Nestes campos ofréceselles aos mozos e mozas unha alternativa de lecer e tempo libre baseada no intercambio de coñecementos e culturas, na práctica de deportes e na visita a lugares de interese turístico, histórico ou cultural. 

Para mozos e mozas en idades comprendidas entre os 18 e 30 anos tamén se ofertan 240 prazas  nas seguintes actividades:

ACTIVIDADES DA 1ª QUENDA

Cultura e camiño. Coñecemento do patrimonio histórico cultural da zona de Lugo. Percorrido de etapas do Camiño de Santiago (Camiño Francés), ata Compostela.

O mar de Galicia. Coñecemento do medio mariño a través das actividades relacionadas co mar.

ACTIVIDADES DA 2.ª QUENDA

Cultura e camiño. Coñecemento do patrimonio histórico cultural da zona de Ourense. Percorrido de etapas do Camiño de Santiago (Vía da Prata ou Sanabrés) ata Compostela.

O mar de Galicia. Coñecemento do medio mariño a través das actividades relacionadas co mar.

As mozas e mozos galegos con discapacidadeen función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

Máis información e inscrición  na OMIX, Tel . 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou en www.xuventude.net


Publicado en Mocidade
Visto 2813 veces