fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 10 Abril 2017 18:56

Novas actividades! Cursos, xornadas, lecer...

Novas actividades! Cursos, xornadas, lecer...

Ábrese o prazo para participar nas actividades dirixidas, en especial, ao público xuvenil convocadas polo Concello de Soutomaior. Como cada trimestre á oferta é moi variada. Neste trimestre no eido formativo destacamos o curso de fotografía nivel iniciación, o curso de técnicas de estudo, o curso de monitor/a de comedor escolar e o curso de manipulación de alimentos. 

No mes de abril realizaremos un obradoiro Incubadora de proxectos en colaboración xoa Xunta de Galicia dirixido a todos aqueles mozos e mozas interesados en presentarse á convocatoria de axudas de Iniciativa Xuvenil ou coñecer proxectos como Galeuropa, Erasmus+  ou  realizar voluntariado xuvenil en europa ou aquí. Será unha xornada moi práctica cunha duración de 1 h á que se lle sacará moito partido.

No mes de abril tamén se poderá visitar desde o 26 de abril ata o 10 de maio no Multiusos a exposición de fotografía Éxodus: na procura de refuxio" mediante a cal se documentan as vivencias das persoas refuxidas que veñen a Europa fuxindo de diversos conflictos bélicos.

En maio, mes das Letras Galegas, haberá unha Xincana Literaria na Alameda Talo Río o sábado 13 na que pdoerán participar persoas en idades comprendidas entre o 4 e 14 anos. Haberá que inscribirse previamente e será de balde. Todas as probas teñen como temática a cultura galega: xogos populares, escritores/as, etc.

Tamén se pechará o prazo para participar no Concurso Verbas para comunicar o día 28 de abril dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos. As bases poden consultarse na web www.soutomaior.com

Na área de prevención, organizamos dentro do programa municipal Moceando dous obradoiros cos que colabora o Centro Quérote de Vigo sobre relacións afectivo sexuais e identidade. O obradoiro Diversos/as tocará temas como a orientación do desexo nas relacións e o obradoiro Seguro Pracer tocará temas sobre a prevención de embarazos non planificados e de enfermidades de transmisión sexual así como a corresponsabilidade no uso de preservativos.

O  22 de maio ábrese o prazo de inscrición para participar no Encontro da Mocidade que se celebra en San Simón e que se desenvolverá desde o 21 a 24 de agosto e que vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos (ambas incluídas).

Xa para rematar, avanzamos as datas das actividades do inicio do verán:  venres 16 de xuño o festival Danzarte, 30 de xuño e 1 de xullo representacións de fin de curso da Escola Municipal de Teatro e sábado 8 de xullo Concurso de Karaoke.

Para recibir máis información sobre estas actividades podedes achegarvos á OMIX, enviarnos un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., chamarnos ao número 986700822 ou ben consultar as web www.soutomaior.com ou www.gabinetesoutomaior.com

 


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

2017-2-Trimestre BIX-Xuventude.pdf (583 Descargas)
Visto 3492 veces