fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 16 Xaneiro 2017 16:21

Participa na comparsa municipal de Entroido

Participa na comparsa municipal de Entroido

O Concello de Soutomaior abre o prazo para participar no obradoiro de CREACIÓN DA COMPARSA MUNICIPAL DE ENTROIDO. Esta actividade ten como obxectivo promover a participación veciñal nesta festa con tanta tradición en Galicia. Durante o obradoiro as persoas que se inscriban poderán aprender todas as labores necesarias para a confección dunha comparsa que pasan pola confección de disfraces, a coreografía – bailes - música e caracterización das personaxes do tema escollido. Como en anos anteriores esta é unha actividade dirixida a todos os públicos porque a idade non ten que ser unha limitación para divertirse e disfrutar do entroido en primeira persoa.  O único requisito é que os/as menores de 4 anos terán que vir acompañados/as dunha persoa adulta para unha mellor organización.

Durante o desfile a comparsa irá acompañada polo monitorado do obradoiro e, este ano, tamén por animacións que acompañarán esta comparsa municipal durante todo o percorrido.

Os horarios do obradoiro son:

  • Venres 24 febreiro– de 16,30 a 18,30 h
  • Luns 27 de febreiro– de 11,00 a 13,00 h
  • Mércores 28 de febreiro– de 11,00 a 13,00 h
  • xoves 2 de marzo– de 16,30 a 18,30 h
  • Sábado 4  de marzo – de 11,00 a 13,00 h
  • Domingo 5 de marzo a partir das  17 desfile polas rúas de Arcade con animacións acompañando.

Prazo de inscrición para participar no obradoiro de creación da comparsar: ata 13 de febreiro.

Esta actividade é totalmente de balde incluídos os materiais de elaboración dos disfraces.

 


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

2017 Inscrición Comparsa Municipal Entroido.pdf (805 Descargas)
Visto 3510 veces