fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 01 Decembro 2016 20:03

Curso para aprender a crear unha APP (aplicación informática)

Curso para aprender a crear unha  APP (aplicación informática)

Convócase un curso sobre "Como crear unha APP de utilidade para móbiles sen saber programar". O Concello de Soutomaior ofrece á mocidade a posibilidade de aprender a deseñar e desenvolver aplicacións informáticas para terminais móbiles, coñecer as súas limitacións, a memoria, consumo de enerxía,…etc. Cada alumnos/a poderá crear  unha APP de xeito moi sinxelo e práctico. 

Durante o curso veremos estes contidos: Usos, utilidades e limitacións das APP. Accesos de xeito máis rápido e sinxelo á información.Conectividade. Plataformas máis habituais para as APP. Manexo e uso de ferramentas de sofware para o desenvolvemento da aplicación completa.

O curso será de balde. As persoas interesadas en participar poderán anotarse na:

OMIX. Tel. 986700822 , Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Mocidade
Visto 3547 veces