fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 07 Outubro 2016 20:10

Novas propostas de formación para este trimestre

Obradoiro básico de creación audiovisual. Obradoiro básico de creación audiovisual. / Foto: Google

O Concello de Soutomaior oferta para este trimestre dúas propostas formativas:

CURSO DE FORMADOR/A DE MEDIADORES/AS XUVENIS

para formar a formadores/as para adquirir habilidades e competencias que permitan informar e transmitir información preventiva en relación a conductas de risco. (10 H)

Destinatarios: Poderán participar persoas a partir de 14 anos.
Horarios: luns 17, xoves 20, luns 24 e xoves 27 de outubro de 18.00 a 20.30 h.

  

OBRADOIRO BÁSICO DE CREACION AUDIOVISUAL

Con móbiles e cámaras profesionais (10H) Resultado de imagen de realizacion audiovisual. 
Obxectivos: Sacar o máximo partido das ferramentas que temos á nosa disposición para expresarnos a través do vídeo e divertirnos durante o proceso de creación. Converter unha idea nunha peza audiovisual. Estruturar un guión, planificar a posta en escena e escoller os recursos necesarios para editala. Contidos: Como organizar o traballo audiovisual: equipos e responsabilidades. Con que dispositivos podemos contar e cales son as súas posibilidades.

O guión. Eliximos unha historia e pensamos como contala. Definimos as personaxes, organizamos as accións: escenas, secuencias e planos. Pre-producimos a nosa historia. Aprendemos a planificar e xestionar os nosos recursos: iluminación, encadre, movementos de cámara, etc. Exploramos as redes Sociais e as súas posibilidades enfocadas ao vídeo: Instagram, vídeoblog,…, emisión en directo (streaming). Gravamos a nosa historia. Montaxe e edición das imaxes e do son. Aprendemos a subir o vídeo. Durante o curso realizaranse prácticas con cámara de vídeo profesional

Destinatarios/as: a partir de 13 anos (menores de 35 preferentemente). Non fai falta experiencia previa en audiovisual, só un nivel de usuario en internet e redes sociais.
Posibles horarios: Opción 1: luns 7,14,21,28 de novembro de 19,00 a 20,30 h Opción 2: xoves 10,17,24 de novembro e 1 de decembro
Nota: realizarase o de maior demanda
Materiais: as persoas que participen poderán traer teléfonos móbiles, tablets, cámaras e ordenadores portátiles. O resto de material necesario será facilitado polo Concello.
Lugar: Multiusos, Arcade
Prazo de inscrición: ata o 21 de outubro ou ata cubrir prazas (12 máximo)
Imparte: Fernando Collazo Carreira. (Fotógrafo e operador de cámara)

 

CURSO: Cómo crear unha APP de utilidade para móbiles sen saber programar

Obxectivos: coñecer os principios do deseño e desenvolvemento de aplicación para terminais móbiles, as súas limitacións, memoria, consumo de enerxía,… Crear unha APP cada alumno/a. Contidos: Usos, utilidades e limitacións das APP. Accesos de xeito máis rápido e sinxelo á información.Conectividade. Plataformas máis habituais para as APP. Manexo e uso de ferramentas de sofware para o desenvolvemento da aplicación completa.

Destinatarios: a partir de 14 anos (ata 35 anos preferentemente)
Datas e horario: 26 e 27 de decembro de 17,30 a 19,30 h
Lugar: Multiusos, Arcade.
Prazo de inscrición: ata o 20 de decembro ou ata cubrir prazas (12 máximo)

Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

2016 - 4 Trimestre Programación de Xuventude.pdf (940 Descargas)
Visto 5884 veces