fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 03 Outubro 2016 20:56

Inicio de actividades artísticas

Inicio de actividades artísticas

O Concello de Soutomaior inicia o programa de actividades a cargo da Concellería de Xuventude que se desenvolverán ó longo deste trimestre que abrangue os meses de outubro a decembro de 2016. 

Comezamos coas clases das escolas municipais de índole artística:

Escola de debuxo e pintura, que este ano diversifica a súa oferta formativa en catro grupos e na que participan 42 persoas.

Escola de Teatro na que participan 47 alumnos/as distribuídos nos tres grupos dos que se compón: infantil, xuvenil 1 e xuvenil 2

E, ademais comezan as clases de guitarra os martes con grupo de iniciación, medio - avanzado e intermedio  e, tamén, as clases de danza do ventre e de bailes latinos.

As persoas que estén interesadas en participar nestas actividades poderán informarse na OMIX.

Multiusos en Arcade.
Telf 986700822
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


Publicado en Mocidade
Visto 5580 veces