fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 27 Xullo 2016 14:10

Novos cursos: "Cociña Internacional" e "Curtas co Móbil"

Novos cursos: "Cociña Internacional" e "Curtas co Móbil"

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar nos cursos convocados pola Deputación de Pontevedra dentro do programa DEPORÚARTE. Estes cursos van dirixidos á mocidade da provinvia e especialmente, ás persoas empadroadas no Concello de Soutomaior, en idades comprendidas entre os 14 e 30 anos.

O Concello de Soutomaior ofertas dúas posibilidades para finalmente levar a cabo o que teña unha maior demanda. A mocidade poderá inscribirse no que máis lle interese:

OBRADOIROS:

  • O MUNDO NO PRATO (cociña internacional e típica de todos os países)
  • CURTAMETRAXES CO MÓBIL (realización e edición de curtas)

Como anotarse? Na ficha de inscrición especifica o curso no que te queres inscribir e avisarémoste de cal ten maior demanda (que será o que se faga).

  • Horarios: venres 9, luns 12, martes 13, mércores 14, xoves 15 e venres 16 de setembro de 16 a 20 h (xoves 15 e venres 16 horario ata ás 20,30 h)
  • Prazo de inscrición: ata o 6 de setembro na OMIX, Multiusos (Arcade)
  • Información na OMIX, Tel 986700822 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. www.soutomaior.com

Publicado en Mocidade
Visto 3794 veces