fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 13 Xuño 2016 21:31

Programacion Xuvenil para o verán

Programacion Xuvenil para o verán

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para as actividades programadas para os meses de verán. Como en anos anteriores a Concellería oferta unha serie de actividades para que o verán sexa entretido para a mocidade do Concello. Este anos contamos con novidades como a actividade de aquagym que se combinará con bailes veraniegos e que se realizará na praia da Muxeira e na Pista de Patinaxe. Outra das novidades é a actividade de paddel surf e a combinaremos con surf e, tamén, este ano por primeira vez ofertamos un curso de breakdance.

A isto sumanos actividades xa coñecidas como o festival danzarte, exposición da escola municipal de debuxo e pintura, representacións teatrais dos grupos da Escola Municipal, concurso de karaoke e o festival de cultura urbana que este ano ven cargado de sorpresas e novidades!

Xunto a estas actividades tamén temos en marcha o programa de educación non formal Deseñando o teu futuro, que consiste en realizar visitas e estadías en empresas para que a mocidade poida tomar decisicións sobre o que queren estudar ou a que se queren adicar contando con experiencias reais e concretas en entornos sociolaborais. Os mozos e mozas que participen neste programa tamén asistirán a actividades lúdicas.

E, xa por último, destacar que este ano imos a realizar o Encontro da Mocidade nas instalacións de San Simón en Agosto desde o día 23 a 26 onde os/as participantes vivirán unha experiencia inesquecible.

Todas as actividades van dirixidas preferentemente a mozos e mozas empadroados/as en idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

Máis información e inscrición na OMIX, 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Mocidade
Visto 3296 veces