fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Mai 2016 20:27

Curso de mediación xuvenil para previr drogodependencias e conductas de risco

Curso de mediación xuvenil para previr drogodependencias e conductas de risco

A Concellería de Xuventude convoca un curso  para formar a formadores xuvenís coa finalidade de que a mocidade poida formarse para adquirir habilidades e competencias que permitan informar e transmitirlle a outros grupos de mozos e mozas información preventiva en relación a conductas de risco.

Tocaranse temas como: drogas e drogodependencias. Factores de risco e protección. Definición do rol do mediador/a xuvenil en drogodependencias. O alcohol, o tabaco, o cannabis, os psicoestimulantes. Percepción social do fenómeno das drogodependencias. Técnicas e ferramentas básicas en prevención. Patróns dominantes de ocupación do tempo libre entre a mocidade e alternativas de lecer. Recursos existentes en drogodependencias, mocidade, tempo libre. Método para a aplicación da acción preventiva. A programación dun programa de lecer alternativo como ferramenta para a prevención do consumo de drogas. 

 Destinatarios/as: a partir de 14 anos todas as idades.

Horario e data de realización: xoves 19 luns 23, xoves  26 e luns 30 de maio de 18.00 a 20.30 h.

Imparte: Amaina, Asociación para a promoción da saúde. Xunta de Galicia.  

Custe: de balde.

Prazo de inscrición: ata cubrir prazas       Duración:  10 h      

Máis información e inscricións na OMIX, 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Mocidade
Visto 2661 veces