fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 30 Marzo 2016 13:47

Mesas redondas sobre orientacion profesional

Mesas redondas sobre orientacion profesional

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Xuventude puxo en marcha esta semana o PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL dirixido a alumnado de 4º da ESO e de bacharelato no que colaboran os centros educativos do municipio. Este programa ten como finalidade amosar difentes perfiles profesionales mediante unha mesa na que varias persoas exporán a súa traxectoria estudiantil e profesional e como foi o seu proceso de toma de decisións á hora de definir o seu itininerario persoal.

Este ano nas mesas contamos con: unha traballadora Social, un técnico deportivo e monitor de surf, unha enxeñeira e un osteópata-fisio. Todas estas persoas amosarán as difentes posibilidades que o sistema educativo formal ofrece pero tamén unha gran diversidade de experiencias para chegar a conseguir o que se quere ou para poder definir que camiño queremos seguir. As mesas levaranse a cabo o martes 29 de marzo no CPI Padin Truiteiro e o xoves 31 no Santiago Apostol.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR

 


Publicado en Mocidade
Visto 3881 veces