fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 12 Xaneiro 2022 13:24

2x1 Carné xove + carné de alberguista

2x1 Carné xove + carné de alberguista

Coa activación do Carné xove agora tamén poderás obter directamente o carné de alberguista se tes a partir de 14 anos de idade. Desde o ano pasado o carné xove é de balde e xa non é preciso renovalo cada dous anos. Vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 29 anos ambos incluídos e ten unha morea de vantaxes con descontos en actividades, servizos, tendas, transporte, actividades culturais, etc. Todas aquelas persoas que teñan entre 14 e 29 anos cando o activen poderán solicitar tamén o "carné de alberguista virtual" simplemente indicándoo no punto de activación do carné xove ao que acudan, sen gastos e sen ningún trámite a maiores.

O Carné de Alberguista é o instrumento de afiliación á Rede Española de Albergues Xuvenís ( REAJ). Ten validez internacional, por tanto poderás usalo en todo o mundo. Con el terás acceso a: Máis de 4.000 albergues en máis de 90 países de todo o mundo Miles de descontos nacionais e internacionais (transporte, lecer, restaurantes, museos…)

O Carné de Alberguista é un requisito imprescindible para acceder a calquera albergue REAJ.Poderás levar o teu carné de alberguista sempre contigo no móbil ou imprimilo se queres. É un carné dixital, por tanto non recibirás ningunha tarxeta física, senón un correo electrónico ao teu email tras activar o teu carné xove. 

Poderás obtelos na OMIX de Soutomaior pois somos centro autorizado pola Xunta de Galicia para a activación de carné xove. Pide cita na OMIX no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben por whatsAPP 638822868


Publicado en Mocidade
Visto 652 veces