fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 17 Marzo 2016 13:52

Campamento de Verán A Lanzada

Campamento de Verán A Lanzada

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA Os CAMPAMENTOS DE VERÁN ORGANIZADOS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

As actividades terán lugar no Centro de Vacacións da Lanzada O Concello de Soutomaior, a través o seu a Concellería de Xuventude, acaba de abrir o prazo de inscrición para os campamentos de verán organizados pola Deputación de Pontevedra. Para este ano, Soutomaior ten asignadas 25 prazas no Campamento Polideportivo que terá lugar no Centro de Vacación da Lanzada.

Os interesados dispoñen ata o próximo 8 de abril para realizar as súas solicitudes na Oficina de Información Xuvenil (OMIX).

O campamento de verán celebrarase no Centro de Vacacións da Lanzada e desenvolverase en once quendas de sete días cada unha. Nel, os participantes gozarán de actividades variadas, como teatro, contacontos, xogos e deportes, actividades artísticas e culturais, entretemento nocturno, sensibilización ambiental, actividades na praia. ..

O Concello de Soutomaior ten asignadas 25 prazas para esta iniciativa e do mesmo xeito que na anterior, pódense inscribir todos os nenos e nenas que teñan o seu domicilio habitual en calquera municipio da provincia de Pontevedra.

Este campamento está dirixido a nenos nados entre o 2003 e o 2008, (de 8 a 13 anos.

Dada a alta demanda coa que habitualmente contan estes campamentos, realizarase un sorteo entre todos os solicitantes para adxudicar as prazas dispoñibles en cada unha das actividades e no que se dará prioridade aos nenos que non participaron nelas o pasado ano.

O campamento ten un custo de 83,60 euros e reservaranse 300 prazas para menores en risco de exclusión social O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o próximo 8 de abril.

Para inscribirse nalgunha destas actividades os interesados deberán presentar unha fotocopia do DNI do pai/titor, unha fotocopia do DNI do menor ou ben do libro de familia, unha fotocopia do cartón sanitario e un certificado ou volante de empadroamento.

Os interesados en realizar a súa solicitude ou recibir máis información poden facelo chamando ao teléfono 986 700 822, na dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nas oficinas da OMIX no edificio Multiusos de Arcade todas as tardes de 15:30 a 20:30 salvo os mércores de 09:00 a 14:00.


Publicado en Mocidade
Visto 4200 veces