fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 20 Decembro 2021 09:50

Entrega de premios do concurso de postais de nadal

Entrega de premios do concurso de postais de nadal

O Concello de Soutomaior entregou os premios do seu tradicional concurso de postais do Nadal.

Un certame que, a pesar de celebrarse por segunda vez de maneira telemática pola pandemia, mantén un gran nivel de participación rexistrando máis de 200 propostas de todas as idades.

O certame estaba dirixido a toda a poboación do municipio e especialmente á infancia e á mocidade.

O obxectivo do concurso era promocionar a creatividade e a expresión plástica entre a poboación de Soutomaior; sensibilizar á infancia sobre os valores positivos que transmite o Nadal e fomentar a participación dos nenos e nenas durante as festas.

Os vencedores na disciplina de postais simples foron: na categoría A, de 2 a 4 anos, por esta orde: Daniela Dá Silva, Giovanni Imbelloni, Micael Morán, Alan Coroado, Claudia Lomba e Diego Castro.

Na categoría B, de 5 a 8 anos, os premiados foron; Rosalía Pérez, Samuel Bouzón, Martina Vidal, Paula Des, André Sio, Aran Pérez e Mateo Dios.

En categoría C, de 9 a 12 anos, os premios foron para Sofia Pinedo, Gael Cameselle, Raquel Portela, Leo del Río, Carla Rodríguez, Lola Álvarez e Lucía Cima. Por último, nas idades de 13 a 18 anos, na categoría D, impuxéronse Lucía Castrillo, Clara Bernárdez, Yaiza Cordo, María Codesido, Emma Bamio, Lúa Caneiro e Dafne Teixeira.

Na categoría de postais tridimensionales, de 5 a 8 anos, os premios foron para Nicolás Bouzón, Martina Lusquiños, André Sio, Erica Nogueira e Nerea López.

Na de 9 a 12 anos impuxéronse Anxo Míguez, Beltrán Cabaleiro, Uxía Granxa, María Martínez e Carla Montes.

Por último, na categoría de traballos audiovisuais de 9 a 12 anos impúxose Zoe Pérez e Sergio Domínguez mentres que na de 13 a 18 os vencedores foron os grupos de alumnos de 4º da ESO e 2º de Bacharelato do CPR Santiago Apóstolo.

Na categoría Familiar a gañadora foi Bibiana Martínez.


Publicado en Mocidade
Visto 689 veces