fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 19 Outubro 2021 12:26

Outono Xove 2021

Outono Xove 2021

O Concello de Soutomaior informa sobre o programa de actividades de fin de semana en albergues xuvenís, para a mocidade de 14 a 30 anos que convoca a Xunta de Galicia.

Outono Xove é un programa que se pon en marcha con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30.

Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.

A cota de participación será de 25 eurosPor ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros.

O prazo de inscrición comezará o día 14 de outubro ás 11.00 horas.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

Consulta  toda a información do programa na web: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/21757-outono-xove-2021A inscrición será unicamente en liña, mediante este formulario. 

Podes solicitar información sobre este programa na OMIX de Soutomaior. Se tes dúbidas axudámosche a  resolvelas e solicitar a túa praza. Tel. 986700822 ou por whatsAPP 638822868

 


Publicado en Mocidade
Visto 421 veces