fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 06 Xullo 2021 08:54

Mantente en forma no verán! Aquagym, bailes variados, bailes do mundo.

Mantente en forma no verán! Aquagym, bailes variados, bailes do mundo.

Esta semana o Concello de Soutomaior comezou con este programa que ten como finalidade ofertar actividades variadas mediante as cales poidamos facer exercizo físico e manternos en forma durante a época estival. Aproveitando os lugares de recreo e lecer de zonas de praia e río durante o mes de xullo e agosto realizaranse varias actividades en lugares diferentes do municipio.

Así, os luns teremos Bailes variados de 19.30 a 20.20 h en Veiguiña Longa Comboa, os martes Aquagym  de 18 a 18.50 na praia da Muxeira, os mércores Bailes do mundo  de 19.30 a 20.20 h na Xunqueira de Arcade e os xoves Bailes variados de 19.30 a 20.20 h na pista de Patinaxe no Peirao de Arcade. Pensadas para todos os públicos nas que pode participar toda a familia. 

Lembrade usar a máscara, gardar as distancias e traer roupa cómoda e calzado acorde a cada tipo de actividade.

En caso de choiva forte ou moi mal tempo no día no que se realiza algunha destas actividades a sesión será cancelada.

 

 


Publicado en Xuventude
Visto 58 veces