fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 02 Xullo 2021 08:38

Encontro da mocidade "Influensers polo cambio". Inscricións a partir do 7 de xullo.

Encontro da mocidade "Influensers polo cambio". Inscricións a partir do 7 de xullo.

A proposta deste ano xira arredor de tres eixos centrais cos que Soutomaior quere achegar á mocidade participante á Arte Transmedia (Storytelling a través de disciplinas artísticas escénicas, plásticas e audiovisuais) ao estilo ‘influencer’ para promover os cambios sociais necesarios recollidos nos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) propostos pola ONU na Axenda 2030.

Para isto a proposta contempla tres bloques de actividades principais:

INFLUENCER MOOD (Arte transmedia para a creación de miniseries sobre retos, natureza e igualdade),

ECO-XACOBEO (Predeporte na natureza na que haberá tiro con arco, slackline, xeolocalización con gps e multitude de actividades predeportivas)

NOITES PEREGRINAS (Animación teatral, Gran Liga de Match de Improvisación) e moitas outras actividades como cociña, veladas, cine, furos, fashion night, etc.

Ademais de gozar do resto de instalacións no complexo do Colexio Marcote en Balneario Mondariz no que este ano realizaremos esta actividade: piscina, zonas exteriores, arredores, etc. Aloxarémonos nunha instalación situada nun paraíso natural, no Val do Tea. As instalacións están repartidas en máis de 300.000 metros cadrados, a maioría ao aire libre ter contacto coa natureza directo.Durante este encontro traballarase por grupos de idades diferenciados (12 a 14 anos / 15 a 17 anos).

Prazas: mínimo 25 máximo 50  

Datas: do 9 a 12 de agosto (4 días/3 pernoctas) de 2021

Destinatarios/as: mozos e mozas de 12 a 17 anos ambas incluídas.

Custe: 50€ empadroados/as; 145€ non empadroados/as. Inclúe: actividades, material, personal titulado, pernocta, manutención completa, seguridade e desprazamento en autobús de ida e volta desde Soutomaior ata as instalacións.

 

Realizarase unha reunión coas familias e participantes na que tamén estará presente parte do equipo de monitores/as para explicar en profundidade a actividade, resolver dúbidas e explicar o protocolo establecido para o COVID-19. A data comunicarase cando se comunique a admisión.

As inscricións realizaranse EN LIÑA, desde o mércores 7 de xullo ata o 21 de xullo de 2021 ou ata cubrirse as prazas.

 

Publicado en Mocidade
Visto 458 veces