fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 03 Marzo 2016 16:45

Axudas económicas para iniciativas xuvenis. Pon en marcha a túa idea

Axudas económicas para iniciativas xuvenis. Pon en marcha a túa idea

 

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior comunica que está aberto o prazo de inscrición para solicitar as AXUDAS ECONOMICAS PARA INICIATIVAS XUVENIS convocadas pola  Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

As persoas ou entidades do municipio que teñan unha idea e queiran presentar un proxecto poden asesorarse na OMIX do Concello, onde recibirán toda a información e acompañamento para poder tramitar estas axudas.

Estas axudas son para a posta en marcha de proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2016.

Destinatarios/as:
a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.

Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, e un/unha deles/as asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario/a, lle corresponden ao grupo. Así mesmo, será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.
Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 euros.

Os proxectos poder presentarse en relación a:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer.
c) Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
d) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
e) Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
f) Proxectos que contribúan á conservación do medio ambiente e posta en valor do patrimonio natural.

 

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de abril de 2016.

 

Máis información e asesoramento na OMIX, Multiusos (Arcade). Teléfono 986700822, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


Publicado en Mocidade
Visto 2814 veces