fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 08 Xuño 2021 14:44

Hai Plan! SoutoVerán Xoven 2021

Hai Plan! SoutoVerán Xoven 2021

As Concellerías de Xuventude e de Educación de Soutomaior ofertan para este verán unha proposta educativa e lúdica de lecer e tempo libre responsable para que a mocidade poida gozar do verán como se merece e dun xeito seguro!

Na proposta inclúense actividades como as de manterse en forma: bailes variados, bailes do mundo ou aquagym en diferentes lugares do municipio para as cales non fai falla inscribirse previamente. Os aforos cubriranse por orde de chegada á actividade.

Tamén haberá un obradoiro relacionado coas redes sociais o "Social Pelegrin" orientada á dinamización en Instagram do Camiño de Santiago para introducirse na creación de filtros de Realidade Aumentada para Facebook e Instagram no cal hai que inscribirse previamente e que será impartido por CEO ABERTO.

E, por outra banda, está a proposta de campamentos contando este ano con dous: o de Inmersión lingüística nos Peares e o Encontro da Mocidade "Influencers polo cambio" que nesta ocasión se desenvolverá en Mondariz Balneario. Para ambos haberá que inscribirse previamente e as prazas serán limitadas (50 prazas en cada un). Dirixidos a mozos e mozas de 12 a 17 anos, nos que haberá dous grupos diferenciados por idades cunha proposta adaptada a cada grupo.

En xullo, tamén terá lugar o Festiva SoutoMareiro no que actuarán Sheila Patricia e Laura Lamontagne & Pico Amperio, artistas de actualidade no panorama musical de vangarda en Galicia.

En todas as actividades cumprirase coa normativa vixente en materia de tempo libre e os protocolos correspondentes da Xunta de Galicia para poñer en marcha en todas as actividades as medidas de seguridade e prevención contra a COVID-19 para que a mocidade participe dun xeito seguro nas actividades.

 

Máis información sobre estas actividades en:
https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina
Calquera dúbida poden contactar coa OMIX 986700822 - 638822868 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Mocidade
Visto 640 veces