fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 21 Decembro 2020 14:30

Postais e felicitacións de Nadal premiadas no Concurso de 2020

Postais e felicitacións de Nadal premiadas no Concurso de 2020

Podedes consultar as postais e felicitacións premidas polo Xurado e tamén cales foron as máis votadas neste 2020 polo público a través da web:

https://gabinetesoutomaior.com/index.php/lista-de-exitos

A entrega de premios terá lugar este mércores 23 de decembro ás 11 h no Multiúsos en Arcade durante un acto moi breve ao que soamente poderán acudir as persoas premiadas para recoller os premios para así poder cumprir con todas as medidas de seguridade e distancia.

O resto de persoas que participaron no Concurso poderán recoller o seu agasallo na OMIX pedindo cita previamente. Tamén se entregarán nos centros educativos do municipio nos que houbo participación de alumnado os agasallos para que poidan repartilos entre as persoas que participaron. Moitas grazas a todos e todas por participar!!! Un ano máis a participación foi moi alta e as propostas moi interesantes.


Publicado en Mocidade
Visto 472 veces