fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 12 Novembro 2020 17:45

Campaña "Heroínas e Heroes con máscara"

Campaña  "Heroínas e Heroes con máscara"

O Concello de Soutomaior con esta campaña dirixida á mocidade quere promover a sensibilización sobre o uso da máscara cando compartimos espazos con outras persoas coas que non convivimos e non podemos manter a distancia de seguridade. Aínda que non é o único  elemento preventivo fronte á pandemia COVID-19 é un dos importante para evitar os contaxios e que se siga propagando.

Vai dirxida a mozos e mozas de 10 a 35 anos empadroados/as no Concello de Soutomaior e tamén poderán participar persoas non empadroadas que sexan alumnado das Escolas Municipais de Debuxo e Pintura, Teatro, bailes latinos, danza do ventre. O prazo de participación será desde 23 de novembro ata o 18 de decembro de 2020.Quérese reforzar o traballo que estamos a realizar entre todos e todas poñendo en valor os esforzos que cada un e cada unha de nós fai no seu día a día para protexer ás demais persoas, a todas e cada unha. Persoas que son importantes nas nosas vidas e ás que queremos protexer de xeito que se cada persoa cumpre as normas pensando nas súas persoas máis próximas e máis queridas entón seremos moitas as persoas que estamos loitando contra esta pandemia, día a día.

Participando nesta campaña uniraste á rede de Heroes e heroínas con máscara e recibirás na túa casa a túa MÁSCARA PERSONALIZADA CO LOGO da campaña. Ademais, entrarás no SORTEO de 2 ORDENADORES PORTÁTILES.

Para participar debes pensar nesa persoa ou persoas ás que ti queres protexer e gravar un vídeo para compartir porque para ti é importante protexer a esa persoa. Os pasos son:

1º PASO: Grava un vídeo

Características:

  • máximo 3 minutos.
  • gravado en horizontal.

Preferente en formato de vídeo 1920x1080.

o contido do vídeo comezará para identificar a campaña coa frase EU POÑO A MÁSCARA POR “nome da persoa á que queredes protexer” e completarase o contido do vídeo respondendo as preguntas:

  • Por que esa persoa é importante para ti?
  • Por que debes protexela da COVID-19?

Para rematar o vídeo usarase a frase que nos fai formar parte desta rede de heroes e hroínas: Eu son unha Heroína / Heroe con máscara!

2º PASO: Inscríbete na web cumprimentando o formulario: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-xuventude/heroes-e-heroinas

3º PASO: Sube o vídeo:

  • Opción 1: Sube o vídeo a túa canle de Youtube e envíanos a URL
  • Opción 2: Envíanos o vídeo ó Whatsapp da OMIX +34 638 82 28 68

 

Se tes dúbidas poderás chamar á OMIX e solicitar máis información ou axuda. ÚNETE Á CAMPALA HEROÍNAS E HEROES CON MÁSCARA! 

Podes consultar ás bases completas nesta nova ou directamente na web da campaña e na web do Concello de Soutomaior.


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

Heroínas e Heroes (Bases) (165 Descargas)
Visto 948 veces