fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 09 Febreiro 2016 17:22

Curso oficial de monitores-as de tempo libre (350 h)

Curso oficial de monitores-as de tempo libre (350 h)

O Concello de Soutomaior organiza un curso oficial de monitores-as de tempo libre. Esta titulación oficial da Xunta de Galicia habilita para exercer como monitores-as de tempo libre a todas aquelas persoas que unha vez inscritas superen as dúas fases das que consta o curso. Ten unha duración de 350 h das cales, 200 h son teóricas e 150 prácticas.

A parte teórica impartirase por unha Escola Oficial de Tempo Libre e os contidos das clases estarán relacionados cos seguintes ámbitos: psicopedagoxía, pedagoxía do lecer, animación, medioambiente e aire libre, técnicas de animación, saúde, .. etc. O alumnado durante a parte teórica terá a ocasión de realizar prácticas reais organizando unha actividade de lecer para así aprender de primeira man en que consiste esta profesión. Tamén se realizarán saídas de medio ambiente, pernoctas, etc. Cando se remate esta fase o alumnado poderá realizar prácticas nas actividades municipais do Concello ou en outras entidades ou programas previa autorización da Escola.

Os requisitos para participar neste curso son: idade a partir de 18 anos e estar en posesión da EXB ou ESO.  As persoas interesadas en participar neste curso poderán inscribirse en informarse na OMIX do Concello de Soutomaior. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición péchase o 18/02/16. As fichas de inscrición pódense descargar en: www.soutomaior.com

 

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Mocidade
Visto 3489 veces