fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 19 Xaneiro 2016 18:49

Comparsa Municipal de Entroido. Participa na comparsa do teu Concello!

Comparsa Municipal de Entroido. Participa na comparsa do teu Concello!

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior abre o prazo para participar na Comparsa municipal de Entroido e anima a todos os veciños e veciñas a participar nesa actividade. Os obxectivos da actividade son os de crear unha comparsa "veciñal/ municipal" que desfile o sábado 13 de febreiro polas rúas de Arcade. Durante este obradoiro aprenderase a confeccionar unha comparsa desde o inicio: confeccionando disfraces, preparando a coreografía, caracterizándose acorde o disfraz seleccionado, etc. Animámosvos a disfrutar do entroido participando nesta actividade que de seguro vos vai a facer pasar un bo rato e disfrutar do Entroido un pouco máis. 

As persoas que estedes interesadas podedes informarvos e inscribirvos previamente na OMIX, 986700822. O prazo de inscrición pecharase o 29 de xaneiro de 2016

 

O CONCELLO

 

 

 

 

 


Publicado en Mocidade
Visto 3142 veces