fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 11 Mai 2020 13:04

Penso, logo existo... en galego! Soutomaior conmemora o día das Letras Galegas 2020

Penso, logo existo... en galego! Soutomaior conmemora o día das Letras Galegas 2020

Co gallo do Día das Letras Galegas que se conmemora o día 17 de maio o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove esta campaña nas que se relaciona comunicación, tecnoloxía, mocidade e lingua galega. A campaña pretende dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións diarias e no uso das redes sociais e tecnoloxía. A campaña vai dirixida a mozas e mozos de 12 a 35 anos empadroados/as no Concello de Soutomaior e será moi sinxelo participar. 

Como participar?

USANDO A LINGUA GALEGA PARA
Escribir e compartir en galego unha reflexión, emoción, idea, proposta, aprendizaxe,... en relación á experiencia vivida durante estes últimos meses por causa do COVID-19.

EN FORMATO (escolles un):

  1. Texto en galego acompañado dunha foto.
  2. Vídeo con texto ou audio en galego.

PODES PRESENTALO A TRAVÉS DE (escolles un):

FACEBOOK (XUVENTUDE Concello Soutomaior)

SE o fas en FACEBOOK COMENTA directamente na publicación desta campaña que aparece no Facebook de Xuventude e no final do texto especifica o teu nome e apelidos para poder logo entrar no sorteo.

. INSTAGRAM

SE o fas en INSTAGRAM PUBLICA a túa creación e pon o teu nome e apelidos ó final para entrar no sorteo e UTILIZA OS HASHTAG:

#omixsoutomaior
#SoutomaiorPensoLogoExistoEnGalego

LEMBRADE que é moi importante para entrar no sorteo indicar o nome e apelidos cando se fai a publicación ou comentario.

Os prazos para particiar son desde: o día 17 de maio ata o 24 de maio (completos).

Soamente se admitirán a sorteo as presentadas durante este tempo.

No caso de ser menores de idade ou de non ter Facebook  ou Instagram poderá subir a túa publicación outra persoa porque  o importante será o nome que figure no final como autor/a. Este será o nome da persoa que participa e polo tanto da persoa que entra no sorteo.

Únicamente entrará a sorteo unha publicación por persoa. Cando unha mesma persoa presente varios soamente entrará en sorteo o primeiro subido en calquera das redes que use.

As persoas que participen entrarán nun SORTEO de 2 ORDENADORES PORTÁTILES: HP 250 G7 6MR06EA  Intel® Celeron N4000 1.16GHZ; Memoria 8GB DDR4 2400;  MHz Pantalla 15,6" HD LED (1366 x 768); Graphics UHD 600; Disco Duro SSD 256GB M.2 SATA;  Super Multi Dual Layer (S-ATA) WINDOWS 10 PROFESIONAL 64Bits;  Batería 3,0 Horas aprox. Sofware en lingua galega.

Cando se peche o prazo de participación e previamente á data do sorteo emitirase un certificado coa relación de persoas que participaron e que cumpriron coa mecánica de funcionamento da campaña. A continuación publicarase esta lista xunto co día, hora e  lugar da data do sorteo nas redes sociais do Concello de Soutomaior e nas súas web:

https://www.soutomaior.gal/gl/
https://www.gabinetesoutomaior.com/

Podedes consultar as bases completas descargando o PDF que se acompaña a esta nova. 
Se tedes dúbidas contactade coa OMIX.

Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

BASES - SoutomaiorPensoLogoExistoEnGalego.pdf (254 Descargas)
Visto 1273 veces