Venres, 10 Xaneiro 2020 14:29

Novos cursos de formación Xuventude

Novos cursos de formación Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca os cursos de formación que se desenvolverán durantes os meses de xaneiro e abril de 2020 dirixidos á xuventude e no que tamén poden participar persoas doutras idades. A convocatoria está centrada fundamentalmente nunha oferta de accións formativas dirixidas a mellorar a empregabilidade a través da adquisición de novas competencias e taménd e titulacións oficiais que permitan o acceso laboral da xuventude a postos con gran demanda, como pro exemplo o curso de monitores/as de tempo libre, o curso de carretas elevadoras ou os cursos de caixa e reposición para traballar en supermercados ou o de expendendedor/a de gasolina. Todos os cursos teñen unha parte de formación teórico práctica pero tamén teñen unha parte de práctica en empresas co fin de que as persoas consigan adquirir o maior número de coñecementos e poida poñer en práctica o aprendido ademais de poder formar parte da bolsa de emprego das empresas nas que realicen a formación práctica. 

A maiores das actividades formativas, anteriores tamén se abre o prazo de inscrición para o curso preparatorio das probas libres da ESO para que aquelas persoas que non dispoñen desta titulación poidan prepararse para presentarse ás convocatorias da Xunta de 2020. 

Por outra banda, tamén se abre o prazo de inscrición nas actividade de PREPARACIÓN DA COMPARSA MUNICIPAL na que as persoas participantes poderá confeccionar os seus disfraces e participar no desfile municipal de Entroido. 

Avanzamos tamén os prazos para o Concurso Verbas para comunicar conmemorativo do Día das Letras Galegas.

As inscricións nas actividades realizaranse EN LIÑA a través da web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

Para calquera dúbida ou aclaración contactade coa OMIX 986700822 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

DESCARGA O BIX: 2020-1-Cuatrimestre-BIX.pdf


Publicado en Mocidade
Visto 1080 veces

Xuventude

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

Este verán si hai plan! ide apuntando no voso calendario

22-05-2023 / Mocidade

Un ano máis, volve ‘Hai Plan Soutoverán’, a gran programación festiva, de lecer e cultural que nos fará gozar como nunca do bo tempo. Aínda nos quedan moitas iniciativas por anunciar...

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

Abertas as inscricións para oa XV Concurso Verbas para Comunicar

28-03-2023 / Verbas para comunicar

Co gallo do Día das Letras Galegas, promovemos este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega. Para participar presenta un traballo en lingua galega en formato texto...

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

Media centena de mozos/as inauguran a nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa

06-03-2023 / Mocidade

Impresionante a acollida que tivo a primeira sesión de Noctámbulas. A nosa iniciativa xuvenil máis ambiciosa ata o momento arrincou cun éxito de participación. Preto de 50 mozos e mozas...

Comprometidos ca formación da nosa veciñanza

15-02-2023 / Mocidade

Hoxe comezou o Curso de Hixiene, Atención Sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes. Esta iniciativa ofrecida polo Concello de Soutomaior, conseguiu cubrir todas as prazas. Neste sentido, a concelleira de...

Cheo absoluto no curso de Operador de Carretas Elevadoras

15-02-2023 / Mocidade

Onte arrancou o Curso de Operador/a de Carretas Elevadoras. Unha formación que conta con moitos candidatos e que este ano volver cubrir todas as prazas. A Concelleira de Xuventude achegouse...

A mocidade ten a palabra co Plan Noctámbulas

17-01-2023 / Mocidade

Despois de case tres meses, comezamos a revisar as propostas depositadas nas urnas do Plan Noctámbulas. Esta iniciativa buscaba a participación da mocidade do Concello, convidándoos a dar ideas de...

A xuventude pásao en grande nas Escolas Municipais de Teatro

25-10-2022 / Escola M. de Teatro

Os/as alumnos/as das escolas municipais de teatro empezaron este curso con moita enerxía. As primeiras sesións están indo vento en popa con moi bo ambiente nos grupos e moitas ganas de...

Un novo programa para asesorar aos/ás emprendedores/as e potenciar a empregabilidade da xente moza

07-10-2022 / Mocidade

  A partir do día 9 de novembro, e durante dúas semanas, os/as futuros/as emprendedores/as aprenderán todo o necesario para facer realidade os seus proxectos.   Ademais, a iniciativa contempla asesoramento para...