fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 12 Novembro 2019 18:38

Risoterapia para familias!

Risoterapia para familias!

Dentro do Programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, o Concello de Soutomaior convoca un curso de RISOTERAPIA dirixido a persoas de todas as idades. Unha actividade para mellorar o estado e ánimo e físico, para aprender a rir e para impulsar o bo humor que terá unha metodoloxía moi participativa e dinámicas mediante xogos, música e relaxación. Para compartir momentos  en familias dun xeito lúdico e divertido. A  actividade levarase a cabo no Multiusos en Arcade os xoves 12,19, 26 de decembro e 2de xaneiro en horario de 16 a 20 h. A participación é de balde! As persoas interesadas poderá anotarse ata o 30 de novembro na OMIX.

 


Publicado en Mocidade
Visto 1137 veces