fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 05 Xuño 2019 13:51

Moceando! para aprender, compartir, reflexionar...

Moceando! para aprender, compartir, reflexionar...

O Concello de Soutomaior convoca un ano máis o programa MOCEANDO dirixido á poboación xuvenil. Un programa preventivo dirixido fundamentalmente a mozos e mozas de 14 a 35 anos  para falar abertamente sobre sexualidade, identidade, dúbidas sobre aspectos ligados ás relacións virtuais desde un punto de vista profesional seguro e sen medos. O obxectivo garantir que a mocidade se relacione de xeito libre e seguro, mantendo relacións pracenteiras desde o respecto e o bo trato, contando con toda a información necesaria facilitada por persoas expertas para minimizar os riscos e informar sobre malas prácticas que poden converterse nun risco. 

O programa inclúe as seguintes actividades:

 

ACCIÓN 1: GÚSTATE! QUÉRETE!

Actividades impartidas polo centro QUÉROTE +

 

OBRADOIRO 1: PRACER SEGURO, SEGURO PRACER!

Formación sobre sexualidade para resolver dúbidas, aprender a equivocarse e a tomar decisións acertadas sen complexos nin medos.

  • Destinatarios/as: mocidade de entre 14 e 16 anos
  • Data e horario: martes 2 de xullo de 11,30 a 13,30 h

 

OBRADOIRO 2: DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL

Sénteste raro/a. Pensas q non encaixas, tes curiosidade... Pois aquí tes unha oportunidade para falar de identidade, diversidade, orientación do desexo, etc.

  • Destinatarios/as: mocidade de entre 14 e 16 anos
  • Data e horario: martes 9 de xullo de 11,30 a 13,30 h

 

OBRADOIRO 3: APLÍCATE NA SEDUCCIÓN

Que pensas sobre as situacións de ligue no entorno virtual? Coñeces as normas de encontro nestes espazos? Falemos da imaxe corporal positiva, de apreciar as nosas capacidades recoñecendo o que desexamos, da seducción partindo do respeto,...

  • Destinatarios/as: mocidade de entre 16 a 19 anos
  • Data e horario: martes 16 de xullo de 11,30 a 13,30 h

 

INSCRICIÓNS

  • Prazo de inscrición: ata o 26 de xuño

 

ACCIÓN 2: FORMACIÓN EN MEDIACIÓN XUVENIL (9 h)

Fornación en habilidades e competencias para  desempeñar o rol de mediador/a xuvenil; informar e transmitir información preventiva en relación a conductas de risco. Que sabemos de drogas? Os seus efectos?... Aprender a facer propostas alternativas e a previr desde o grupo de iguais. 

  • Destinatarios/as: a partir de 14 anos
  • Horario e data de realización: 25, 26 e 28 de xuño de 2019 de 10,30 a 13,30 h
  • Lugar: Multiusos, Aracade
  • Imparte: Amaina, Asociación para a promoción da saúde. Xunta de Galicia
  • Prazo de inscrición: ata 20 de xuño de 2019 en liña
 

 

 


Publicado en Mocidade
Visto 1414 veces