Martes, 09 Outubro 2018 18:14

Samain 2018

Samain 2018

 O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega. O Samaín foi a orixe de todo. En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os/as antigos/as celtas celebrábano nese momento de transición do estío ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos. Co fin de recuperar e poñer en valor as nosas festas populares e a tradición cultural de Galicia a Concellería de Xuventude programa unha serie de actividades co fin de promover a participación activa dos mozos e mozas pero tamén de todos os veciños e veciñas do Concello de Soutomaior como unha gran festa interxeneracional.

O programa deste ano inclúe novidades como o concurso de selfies que estará aberto desde o día 31 de outubro ata o 3 de novembro, a actividade truco-trato orientación especial samaín que se realizará o mércores 31 de outubro ou as actividades do sábado 3 de novembro que este ano serán xogos populares, maquillaxes, maxia cómica e animacións de rúa a cargo de Troula.

Para a de truco- trato hai que inscribirse previamente ata o 26 de outubro. 

 

CONCURSO “SAMAIN SELFIES SOUTOMAIOR 2018”

  • Datas: 31 de outubro a 3 de novembro de 2018

Web de participación: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/concurso-samain-selfies-2018

 

"ORIENTACIÓN ESPECIAL SAMAÍN"

  • Data: mércores 31 de outubro
  • Horario e lugar:  inicio ás 19.00 h en Talorío
  • Inscricións previas: EN LIÑA ata o 26 de outubro de 2018

A Santa Compaña, coincidindo coa celebración do Samaín ó seu paso por Soutomaior, perdeu a un dos seus membros despois de que un trasno malvado lle indicase mal cal era o camiño a seguir. Todas as persoas que queiran participar neste reto terán que enfrontarse a diversas probas sinaladas nun mapa para atopar as pistas que nos conducirán a este trasno e así localizar a alma errante da Santa Compaña.
Inscrición Orientación Samaín: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/1687/truco-ou-trato-samain-orientacion

 

"A GRAN CELEBRACIÓN"

  • Data: sábado 3 novembro
  • Lugar: Alameda Talorío 

17.30 a 18.30    Xogos populares

17.30 a 19.30    Maquillaxe de medo

17.30 a 20.30    Pasadizo do terror

18.30 a 19.30    Especial maxia cómica.               

19.30 a 20.45    Pasarrúas a cargo de TROULA: SUB-UMBRA

21.15 h              Entrega de premios  CONCURSO “SAMAIN SELFIES SOUTOMAIOR 2018

A partir das 18.30 Tren asador de CASTAÑAS -  DEGUSTACIÓN DE BALDE!

 

Toda a información poderase atopar na web: www.gabinetesoutomaior.com  onde tamén vos poderedes inscribir en liña. Calquera dúbida podedes contactar coa OMIX, 986700822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Xuventude
Visto 2240 veces


Concellería de Xuventude

XIII edición do certame literario “ Ver…

17-01-2020 Verbas para... comunicar

Un ano máis, e xa  van trece, as mellores plumas novas de Soutomaior teñen ocasión de mostrar a súa valía no certame literario “ Verbas para…comunicar”. Organizado pola Concellería de...

Participa na comparsa municipal de Entroido!

16-01-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar na Comparsa Municipal de Entroido organizada pola Concellería de Xuventude. As inscricións estarán abertas ata o 6 Febreiro 2020 Nesta actividade particípase na creación da comparsa municipal para o desfile: confección de disfraces, coreografía – bailes - música e caracterización. A temática será moi divertiva, creativa e interactiva. Desenvolvemento: o primeiro día...

Novos cursos de formación Xuventude

10-01-2020 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca os cursos de formación que se desenvolverán durantes os meses de xaneiro e abril de 2020 dirixidos á xuventude e no que tamén poden participar persoas doutras idades. A convocatoria está centrada fundamentalmente nunha oferta de accións formativas dirixidas a mellorar a empregabilidade a través da adquisición de novas competencias e taménd e titulacións oficiais...

Entrega de premios do XVIII Concurso de Postais de Nadal

23-12-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior entregou os premios do seu tradicional concurso de postais do Nadal. Un certame que este ano incluía unha nova categoría, a de felicitacións en formato audiovisual, e que rexistrou un novo record de participación ao presentarse 332 propostas de todas as idades. O certame está dirixido a toda a poboación do municipio e especialmente á infancia e...

Risoterapia para familias!

12-11-2019 / Xuventude

Dentro do Programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, o Concello de Soutomaior convoca un curso de RISOTERAPIA dirixido a persoas de todas as idades. Unha actividade para mellorar o estado e ánimo e físico, para aprender a rir e para impulsar o bo humor que terá unha metodoloxía moi participativa e dinámicas mediante xogos, música e relaxación. Para compartir...

XVIII Concurso Postais e Felicitacións de Nadal 2019

04-11-2019 / Xuventude

O Concello de Soutomaior promove a XVIII Edición do Conncurso de Postais e Felicitacións de Nadal co que se pretende promover a reflexión sobre o significado desta celebración e os seus valores na sociedade actual; apoiar a participación da mocidade no ámbito artístico e creativo e fomentar o uso da lingua galega. O prazo de presentación para todas as modalidades REMATARÁ O...

TV Concellería de Xuventude