fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 08 Outubro 2018 18:03

Programa de novos cursos e actividades

Programa de novos cursos e actividades

O Concello de Soutomaior convoca novos cursos e actividade para os meses de outubro novembro e decembro. Durante estes meses a Concellería de Xuventude ten programadas diferentes actividades: formativas, lúdicas e de participación xuvenil. Comezamos agora en outubro con cursos como: carnicería con prácticas en empresas, iniciación á internet e trámites administrativoa básicos a través da rede, manipulación de alimentos, curso de panxoliñas; neste trimestre tamén haberá actividades de lecer como por exemplo as representación teatrais a cargo da Escola Municipal de Teatro que se realizarán o 23 e 24 de novembro. Pero antes festexaremos o Samain cun programa que conta cun concurso de selfies, con un especial orientación samain truco/trato e coas actividades programadas para o día do gran festexo no que haberá xogos populares, casa do terror, maxia e animacións de rúa.

E xa para rematar o ano, temos o concurso de postais de Nadal e a excursión a Perlim.

A información copmpleta sobre estas actividades está na web www.gabinetesoutomaior.com onde tamén atoparedes o enlace para inscribirvos nas actividades:

 

INSCRICIÓNS EN LIÑA


Publicado en Mocidade
Descargar adjuntos:

2018-4-Trimestre-BIX-Xuventude-programacion.pdf (348 Descargas)
Visto 2723 veces