fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 03 Xullo 2018 10:00

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con este obradoiro os rapaces experiementarán con elementos como bidóns, caldeiros de pintura, botellas ou latas de conserva co fin de facer unha batukata final. A actividade será desenvolvida polo músico Didier Díaz que  conta cunha ampla experiencia como instrumentista de percusión e que está graduado pola Escola profesional de música José White de Camagüey en Cuba.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de xullo e o obradoiro é totalmente gratuíto. As persoas interesadas poderán anotarse na OMIX ou a través da web http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

 


Publicado en Mocidade
Visto 1894 veces