fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 07 Xuño 2018 20:07

Programa Xuvenil para os meses de verán

Programa Xuvenil para os meses de verán

Convócanse novas actividades para os meses de verán para a poboación xuvenil do municipio. O Concello de Soutomaior promove un programa no que se inclúen actividades de formación e de lecer co fin de ofrecer unha oferta variada que chegue a diferentes públicos. Ademais de actividades xa coñecidas como a de aquagym, encontro da mocidade en San Simón, ou o concurso de karaoke este ano a proposta inclúe novas actividades como a de escapismo en vivo que se realizará desde a praia da Muxeira ata a praia da Xunqueira, un curso de ecopercusión, unha xornada en HA Humor Amarelo Vigo... pero tamén actividades máis festivas como o Festival de Cultura Urbana que ese ano se realizará no mes de xullo e a novidade dun novo  festival onde a música e a creatividade serán as grandes protagonistas o FestiFlow.

Ademais, tamén se comeza cos preparativos da nova edición do programa de educación non formal para a realización de estadías e visitas dirixido a mozos e mozas de 14 a 18 anos "Deseñando o teu futuro".

Si queredes ampliar información sobre estas actividades podedes facelo na OMIX ou a través das redes sociais da Concellería de Xuventude.Tel. 986700822


Publicado en Mocidade
Visto 2798 veces