fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 04 Outubro 2016 20:06

Acción voluntaria en actividade municipal

Acción voluntaria en actividade municipal

O Concello de Soutomaior pon a disposición da mocidade prazas para aquelas persoas que desexen adicar parte do seu tempo libre a actividades altruístas e de voluntariado.

Pódese participar en actividades municipais programadas como por exemplo: as actividades da escola de teatro, da escola de debuxo e pintura. Nestes programas a acción voluntaria consistirá en acompañar ó personal contratado que executa a actividade e colaborar na medida do posible no desenvolvemento das sesións apoiando o traballo realizado en temas transversais de sensibilización ou na formación de actitudes de respecto, tolerancia e non discriminación a través das artes plásticas ou do teatro.

Tamén se pode colaborar no servizo municipal de Deportes na actividade de NATACIÓN. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres e dezaseis anos coa que se trata de fomentar a participación deportiva, a ocupación do tempo libre dun xeito activo, a adquisición de habilidades acuáticas que permitan autonomía e seguridade neste medio, así como nas actividades de hixene e coidado corporal…

Nestas accións voluntarias poden participar mozos e mozas de 16 a 35 anos preferentemente que teñan un interese pola cultura e a formación das persoas. Estas accións permiten adquirir novas competencias mediante unha experiencia formativa no eido da educación non formal e da xuventude.

Descargas:

pdg Formulario de inscrición
pdg Autorización menores de idade


Publicado en Voluntariado
Visto 5956 veces