Proxecto de divulgación e posta en valor dos recursos naturais ‘O MANCOMÚN’
A asociación de traídas de auga de Tomiño velan pola defensa da auga de consumo no rural, intentando impedir que se converta nun ben de negocio para algunhas empresas. Visitaremos as traídas de traída de Amorín, Sobrada ou Torrón e por úlltimo finalizaríamos na de EstásCoñeceremos este proxecto exemplo de traballo comunitario arredor dun recursos imprescindible para a vida.
09:00 h Saída en autobús desde Casa do Concello
09:05 h Saída en autobús desde Cruce de Pierres
10:00 h Inicio da visita guiada polas traídas para coñecer o funcionamento e singularidades desta xestión comunitaria..
13:00 h Petiscos.
15:00 h Fin e regreso a Soutomaior
16:00 h Chegada autobús a Cruce de Pierres
16:05 h Chegada autobús a Casa do Concello
Á hora de comunicar a admisión teñen preferencia: as persoas empadroadas no Concello, as persoas pertencentes a unha comunidade de augas ou de montes do municipio e ao público xeral. As persoas das comunidades deben indicalo na inscrición en observacións.
Inclúe: desprazamento en autobús, petisco e visita guiada.
Observacións: as persoas inscritas teñen que levar roupa cómoda para camiñar adaptada ás condicións climatolóxicas.