Video - Actividades de Verán 2018

As primeiras valoracións son positivas aínda que ao Centro aínda lle queda moito por estar ao 100%,
As primeiras valoracións son positivas aínda que ao Centro aínda lle queda moito por estar ao 100%,
O 17 de outubro o instituto de Soutomaior cumprirá un mes dende a súa inauguración aínda que o corpo directivo e profesorado xa estaban no Centro dende o mes de agosto para poñer todo en marcha para o inicio do novo curso escolar, Modesto Campos director do centro foi unha das persoa encargadas de poñer todo a funcionar non só internamente se non tamén externamente demandando as distintas Consellerías e Concello todo o material preciso para este novo curso. As primeiras valoracións son positivas aínda que ao Centro aínda lle queda moito por estar ao 100%, a normalidade e as rutinas diarias farán que todo estea no seu sitio. "Co novo edificio gañouse moito en espazo xa que temos unhas aulas acordes ao demandado" comenta Modesto. Creo que todas estas melloras repercutirán positivamente no alumnado e sobre todo tamén nas familias xa que o centro é moito máis moderno e cunhas comodidades que no Padín Truiteiro non tiñamos.
Houbo un mal entendeido coa Consellería de Transporte
Houbo un mal entendeido coa Consellería de Transporte
No mes de maio e a través da AMPA do CPI Manuel Padín Truiteiro fixeran unhas xestións a Consellería de Transporte para ver cal sería a situación final sobre os autobuses que transportan aos rapaces ao novo instituto. Dende a Consellería manifestaron que o servizo de transporte quedaría tal cal como ate o de agora, dende o instituto ofertaron as mesmas prazas aos alumnos podéndose matricular no novo centro . O problema viría ao comezo do curso xa que as dúas liñas que cobren o servizo están saturadas con 56 e 54 prazas non pudendo atender a toda a demanda de estudantes, tras estes incidentes dende o Instituto chamouse novamente a Pontevedra para explicar o caso e solicitando un autobús a maiores, o cal foi denegado xa que o que se lle ofertara ao novo Centro dende un principio foron os dous autobuses que dende o inicio do curso estiveron en activo. Tras este incidentes entrevistamos ao director do IES de Soutomaior Modesto Campos o cal nos da a versión do sucedido e de como está a situación hoxe en día.
Soutomaior disfrutou dos seus  mellores  deportistas
Soutomaior disfrutou dos seus mellores deportistas
O Multiusos de Arcade acolleu o pasado venres a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior,. O obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas que destacaron pola súa traxectoria deportiva cumpriuse con fartura. Foron presentados os 4 novos clubs federados como os de fútbol veterano Arcade e Verduxo así como o Sofía Alvareze o club ciclista Arcadecycles Team. Os deportistas distinguidos e designados polos clubs locais foron: David Vilán, Alejandro Calvar e Lucia Bouzón (fútbol masculino e feminino), Sofía Alvarez e Alexia Ortega (artes marciais) e Mónica Alarcón (Ciclismo) Como grupos os compoñentes do C.D.Soutomaior xuvenil, o C.D. Arcade sénior e infantil e as mozas do Arcadia Feminino, o grupo de show do Club de patinaxe e os xogadores de pádel do Club Tenis e pádel Soutomaior que participaron nas series nacionais. Como deportistas distinguidos que compiten en clubs fose do Concello pasaron polo escenario Rita Lorenzo, Ainara Calvar e Aldara Cabaleiro en Ximnasia Acrobática, Antonio Palmas, Brais Sanchez e Daniela Alvarez en piragüismo, Mateo Crespo en Crossfit e o xogador do R. C.Celta David Vilán que na súa ausencia o premio foi recollido polo seu avó M...
Pleno ordinario mes de setembro concello de Soutomaior
Pleno ordinario mes de setembro concello de Soutomaior
O pasado xoves celebrouse no concello de Soutomaior o pleno ordinario pertencente ao mes de setembro nel poidéronse tratar diversos temas como o estado dos clubs deportivos de Soutomaior así como o estado do campo do Soutomaior, etc.
Novo chamamento na mellora da Sanidade Pública en Soutomaior
Novo chamamento na mellora da Sanidade Pública en Soutomaior
O domingo 21 de outubro os veciños de Soutomaior sairán novamente á rúa pada demandar o que xa veñen pedindo dende hai xa un tempo " Unha Sanidade Pública digna" para a o concello de Soutomaior. Fartos da situación actual e ante a falta de médicos na Vila e os poucos apoios por parte da política local decidiron tomar as rendas polos seus propios medios e convocar á veciñanza para tratar de conseguir o que eles consideran de xustiza. Tanto Emma Ruíz , Iago Treus ou Alicia Lorenzo consideran que a situación actual do Concello é moi precaria de aí que fagan un chamamento á toda a cidanía da Vila incluídos os partidos políticos locais para que todos unido poidan vogar hacia o mesmo lado. A manifestación prevista para o día 21 de outubro sairá da alameda de Talo-Río ás 12 da mañá e rematará diante do centro médico de Arcade.
O río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas ten un dos seus pasos estragados e arrincados
O río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas ten un dos seus pasos estragados e arrincados
O río Verdugo, que vai polo concello de Ponte Caldelas, ten un dos seus pasos, para acceder a outra beira, estragados e arrincados. Os veciños cren que se debe a que taparon unha poza para colocar un gasoduto e cando o río vai cheo a forza da agua move os pasos. Este é un dos pasos que hai no río Verdugo para acceder á outra beira no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Máis da metade delas xa non están, algunhas romperon, outras están estragadas e outras desprazáronse uns metros. Os veciños manifestan que isto é debido a que para colocar un gasoduto taparon unha poza uns metros máis arriba e cando o río baixa cheo move os pasos. Os veciños manifestan que este é o único paso que hai para poder acceder á outra beira do río dende Ponte Caldelas ata Soutomaior. Os outros dous están a máis de cinco quilómetros, un cara a arriba e o outro pasado Soutomaior. Os veciños manifestan que estes pasos teñen máis de 300 anos e que a forza da auga nunca foi capaz de movelos. Por este lugar tamén hai unha calzada pola que atravesaban os carros dos animais cando o río ía con pouco caudal.
Feijóo di que este foi o mellor inicio de curso dos últimos anos en primaria
Feijóo di que este foi o mellor inicio de curso dos últimos anos en primaria
Case 150.000 alumnos de secundaria volveron hoxe ao instituto "nun dos mellores inicios de curso dos últimos anos", ao dicir do presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo acompañou neste primeiro día de clase os alumnos da ESO e bacharelato do concello pontevedrés de Soutomaior.
Agustín Reguera, considerou o día de onte como un feito
Agustín Reguera, considerou o día de onte como un feito "histórico"
O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, abriu o curso de ESO e Bacharelato no novo centro de Soutomaior, un dos poucos municipio galegos que crece en poboación. O alcalde, Agustín Reguera, falou dun día "histórico" para o Concello. O seu director, Modesto Campos, salientou "o reto" de poñelo en marcha e a implicación do profesorado. O curso 2018-19 comezou onte con grandes novidades no mapa educativo de Soutomaior. Tras a chegada dos alumnos de infantil ao CEIP Padin Truiteiro a semana pasada, hoxe o novo instituto público foi o escenario escollido para o inicio oficial do novo curso escolar de ESO e Bacharelato en Galicia. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, entre outros responsables da administración local e autonómica. Coñecedor do esforzo que supuxo facer realidade o novo centro, o alcalde Agustín Reguera afirmou que esta inauguración é algo "moi especial" para o Concello, xa que "transforma a estrutura educativa de Soutomaior". E amosouse moi satisfeito de que por primeira vez os alumnos de Bacharelato non teñan que desprazarse fór...
Para o director  a relación entre o profesorado e o alumnado é
Para o director a relación entre o profesorado e o alumnado é "fundamental
O director do IES Soutomaior salientou a implicación dos 32 mestres do centro na tarefa que teñen por diante, a de educar a eses rapaces, "todo un reto e unha responsabilidade" segundo Modesto Campo. Para o director a a relación entre o profesorado e o alumnado é "fundamental", unha relación na que ambas partes aprenden. Campos amosouse satisfeito de ter superado o obxectivo de poñer en marcha o novo instituto, e poder comezar onte as clases. Un traballo duro no que se implicaron administracións e traballadores. Campos agradeceu o esforzo do profesorado e do equipo directivo, "que quedou sen vacacións para poñer o IES en marcha", así como do Concello e a Consellería de Educación. Non foi unha tarefa doada, e tamén houbo aspectos negativos no proceso. Modesto Campos lamentou a falta "dunha guía" para a dirección do centro nunha tarefa tan complexa.
Este novo centro vén a cubrir
Este novo centro vén a cubrir "unha débeda con Soutomaior"
Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, falou da importancia desta inauguración, xa que se trata "do primeiro instituto na historia de Soutomaior ". Este curso comezaron no centro máis de 300 alumnos, pero as instalacións teñen capacidade para ata 480 rapaces. Unha boa nova para este municipio, dixo, xa que "investir en educación é investir en futuro". Este novo centro vén a cubrir "unha débeda con Soutomaior", segundo Feijóo, xa que xunto a remodelación do CEIP Padín Truiteiro, permite completar o ciclo formativo dos rapaces no municipio desde os 3 ata os 18 anos de idade. Unha obra que é realidade grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello, e que evita que os alumnos de Bacharelato teñan que desprazarse a Redondela ou Pontevedra para realizar os seus estudos. O presidente galego reivindicou en Soutomaior que unha Galicia mellor se constrúe cunha educación pública "con máis linguas, con máis tecnoloxía, con máis materias científicas e con mellores salarios para os docentes". Feijóo aseverou que con todos estes avances se conseguirá consolidar todo o que se logrou nestes últimos anos: unha Galicia co menor...
Todo preparado para o XV descenso de Carrilanas en Soutomaior
Todo preparado para o XV descenso de Carrilanas en Soutomaior
Este domingo día 2 de setembro a partir das 17,00 horas celebrarase en Arcade a XV edición da Baixada de Carrilanas. Está organizada pola asociación veciñal e cultural Pozo Vello e co patrocinio do Concello de Soutomaior. O novo circuíto será a novidade mais relevante desta XV edición, xa que a competición desprázase desde o lugar habitual (zona da Montesiña) para recolocarse na zona de Arcade de Riba, onde un circuíto mais longo e técnico poñerá a proba a pericia dos participantes. Os organizadores representados por Álvaro Vergara, Daniel Álvarez e Vanesa Peón esperan unha gran participación de carrilanas de toda Galicia así como unha gran afluencia de público. Daniel Álvarez presidente da asociación veciñal e cultural Pozo Vello coméntanos como vai ser esta XV edicición así como o circuito que por segundo ano consecutivo será zona de Arcade de Riba,
Demandamos un Sanidade Pública en condicións para Soutomaior
Demandamos un Sanidade Pública en condicións para Soutomaior
Iago Treus forma parte do movemento social veciñal que demandan unha sanidade pública e de calidade para Soutomaior, a iniciativa nace dos propios veciños da Vila encabezado polo propio Iago que farto de ver como está a Seguridade Social na vila na que reside, Soutomaior, decidiron tomar o empuxe e organizar unha primeira charla informativa que tivo lugar a semana pasada no multiusos de Arcade o cal asistiron membros da plataforma SOS Sanidade Pública. O propio Treus cualificou como de "suma importancia" a segunda das actividades que tendera lugar na alameda de Talo Río o vindeiro 2 de setembro ás 12 da mañá. O cal pide a todos os veciños e veciñas da Vila que acudan ao acto o cal varios membros da política veciñal e provincial confirmaron a súa presenza. Para Iago non é admisible que Soutomaior sufra os recortes sanitarios que está a padecer de aí que anime a todos os veciños e veciñas o vindeiro 2 de setembro para que nun acto de unión se lles facilite o que por lei é obrigatorio.