fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 27 Marzo 2017 12:58

Melloras viais en Romariz, Lourido e Carrasqueira

Melloras viais en Romariz, Lourido e Carrasqueira

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento dos camiños de Romariz, Lourido e Carrasqueira.

A mellora comprende a pavimentación e mellora dos camiños indicados coa limpeza da superficie existente, pavimento novo, recalce de tapras,etc

O  proxecto conta cun orzamento total de execución de 41.378,21 euros. Está incluído dentro do Plan Concellos 2016 Liña 1 (investimentos) da Deputación de Pontevedra.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou o resultado destes traballos e afirmou que con esta nova actuación, sumada a outras anteriores, o Concello de Soutomaior segue mellorando a súa rede viaria en canto a seguridade e calidade de vida para todos o veciñ@s.


Publicado en Vias e Obras
Visto 1175 veces