fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 09 Setembro 2021 09:48

Inicio curso escolar – Mellora nos centros educativos

Inicio curso escolar – Mellora nos centros educativos

O Concello de Soutomaior executou ao longo do verán unha serie de traballos de mellora en diferentes centros educativos do municipio co obxectivo de que estes presenten as mellores condicións posibles de fronte ao comezo do curso escolar que se inicia hoxe.

As actuacións, que deron resposta a algunhas das principais peticións dos propios colexios foron realizadas polo departamento de Vías e Obras do Concello. A obra máis importante levouse a cabo no CEIP Padín Truiteiro onde se realizaron labores de mantemento no Salón de Actos con limpeza e tratamento da madeira así como a limpeza de canos en todo o recinto escolar co pintado dos portais de entrada.

Realizouse un novo peche perimetral, novas portas de acceso e pintado e acondicionamento da pista multideportiva exterior.

Todo iso completouse coa instalación dunha casiña de xogos para os máis pequenos.

Na Escola infantil a Galiña Azul en Arcade fíxose unha substitución e posta a punto do sistema de iluminación e de peches así como unha revisión e limpeza de todos os aparellos do aire acondicionado. Así mesmo pintáronse todos os paneis.

Por ultimo na Escola Infantil de Romariz en Soutomaior procedeuse ao pintado das instalacións así como ao mantemento e a unha revisión xeral.

 O Concello de Soutomaior continuará apostando,dentro das súas competencias, por estas melloras co obxectivo de que a comunidade educativa dispoña dunhas instalacións adecuadas.


Publicado en Vias e Obras
Visto 805 veces