fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 26 Xullo 2021 09:25

Humanización do Campo da Feira.

Humanización do Campo da Feira.

 O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asinou esta mañá co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o protocolo de acondicionamento do Campo da Feira de Arcade, xusto na entrada do Camiño de Santiago Portugués no termo municipal. A actuación ten un orzamento basee de execución de 130.325,28 euros que serán financiados a través de axéncia de Turismo de Galicia.

Así, a actuación abarcará toda a zona coñecida como o Campo dá Feira, desde o vial que hai detrás do centro de saúde de Arcade ata a parte dianteira do destacamento da Garda Civil e supoñerá unha mellora en materia de mobilidade, seguridade viaria e habitabilidade. Desta maneira, renovarase completamente o pavimento exterior do conxunto por outro máis moderno e cómodo que, en liña coas últimas humanizacións que será de laxas de pedra do país.

Do mesmo xeito, a actuación inclúe unha mellora no sistema de iluminación pública coa instalación de novas lámpadas led de baixo consumo. Ademais, para mellorar a seguridade viaria reordenarase todo o tráfico, eliminando o dobre sentido, e renovarase o asfaltado en todos os viais que rodean a zona.


Publicado en Vias e Obras
Visto 778 veces